lunes, 10 de octubre de 2011

Muxía - Laxe.3-4.

MUXÍA: Ángel Luís, Carrera ( min 80 Santi), Martinciño, Jose Manuel, Currás, Javi ( min 62 Ángel do Claudio), Pataca, Ziro, Raul ( min 46 Jose Ignacio), Albertiño ( min 77 Ramón ) e Arxires.


LAXE : Illote, Jacinto (Iván Ventura, min.65), Dani Gándara (Zurich, min.65), Antonio Castro, Jaja, Adán, Iván Ferreiro, Felipe, Darío, Rubén (Samuel, min.46) e Martín Rivera (Oscar, min.46).


GOLES : 1-0 min. 19 Albertiño empurra despois de que o balón cruzara toda a área, 2-0 min. 28 Jose Manuel de espuela, 3-0 min. 32 Arxires remata a pracer un pase de Albertiño, 3-1 min. 35  Martín Rivera de falta, 3-2 min. 55 Antonio Castro de penalti, 3-3 min.77 Zurich, 3-4 min. 90 Zurich.

O Muxía voltou a desperdiciar unha vantaxe, de 3 goles  desta vez incluso perdeu o encontro. Non sabemos se é culpa do baixón físico das segundas metades  ou a falla de veteranía do equipo, do 11 inicial sólo dous xogadores superan os 20 anos, o resto están no seu primeiro ou segundo ano de modestos, e eses “veteranos” un 23 e outro 25.

O Laxe saltou a Arliña decidido e así no minuto 5 Felipe atopouse con Ángel Luís. A resposta do Muxía correu a cargo de Raul que non marcou ante Illote.  Despois  foi Martín Rivera o que tivo as ocasións visitantes primeiro no minuto 12 cun lanzamento o longueiro e pouco despois no minuto 18 cun lanzamento de falta que saleu a rentes do longueiro.


O Muxía comenzaba a combinar e a facerse co partido, e a eso axudou o gol de Albertiño que aproveitou un balón que merodeou toda a área sin que ninguen  o quixese tocar, o xogador local foi o máis listo e puxo en vantaxe os seus.

O Laxe fixo no minuto 23 a súa última aparición de perigo na primeira metade polas inmediacions de Ángel Luís a parte do posterior gol. Dende aquí ata o fin da primeira metade o fútbol e o balón foron cousa dos locais. Así no minuto 28 Jose Manuel remataba un saque de esquina o estilo “Varane” fronte o Raio e puña o segundo no lado local.

O Muxía non se rendía, nin se conformaba e Albertiño non era capaz de lograr o terceiro. Pero no minuto 32 de novo unha xogada de Albertiño  por banda dereita puñalle un perfecto centro a Arxires para que empurrara o 3 a 0.


O Laxe apareceu no 35 e Martín Rivera desta vez si que atinou co gol despois dun magnífico lanzamento de falta.

O Muxía sabía que as segundas partes non son o seu e así un extraordinario pase entre liñas a Albertiño  era enviado a saque de esquina por Illote. No lanzamento o remate tivo que ser desviado baixo paus por un defensa visitante, chegandose así o intermedio.


E como todo os siareiros locais temían a segunda metade foi outra historia. O Muxía borrouse do campo, deixou o bó fútbol e aletargou ata que os visitantes empataron.

Así no minuto 55 un penalti cometido por Carrera era anotodo por Antonio Castro para reducir distanzas. O adestrador local puña en liza a Ángel do Claudio no minuto 62 , que voltaba, para frear a sangría pero nin con esas. No 62 Ángel Luís lucíase para evitar a igualada, que se vía cada vez máis preto. Algo que si chegou no 77 cando Zurich entraba fácilmente polo medio dos centrais e batía por encima  a Ángel Luís que se quedaba a media saída.


Decidío espertar o Muxía e así Ziro , tivo de novo a ocasión que deu a victoria a semana pasada pero desta vez o seu tiro parouno o porteiro. No 83 Ángel do Claudio collía un rexeite pero o balón tampouco quixo entrar.

Para rematar ca desastrosa segunda metade, Zurich de novo atopabase  ante Ángel Luís e volvia a levantarlla e marcar o 3 a 4 definitivo,  é moi  posible que partira en fora de xogo.


Aínda así Arxires tivo a posibilidade da igualada pero enviou as mans do porteiro, consumándose unha nova derrota.

No hay comentarios:

Publicar un comentario