lunes, 24 de octubre de 2011

Ribadeo - Fisober. 1-3.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : RIBADEO FS 1 – 3 FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”

RIBADEO F.S.. : Antía, Eva, Marta, Fátima e María; tamén xogaron :Ana, Toñi, Arantxa e Elena.

FISOBER  “CONCELLO DE VIMIANZO” : Paula, Patri, Ana, Noelia e Barca; tamén xogaron: Elsa, Ylenia, Alba, Myrella, Olalla e Eva.



Árbitro e mesa :  Benjamín Rivas e Vane Fernández.

GOLES : 0-1 Patri , 0-2 Ana  (Descanso), 1-2 Eva , 1-3 Noelia.

Bo partido o disputado polo Fisober C. Vimianzo na mariña lucense ante o Ribadeo FS na tarde do sábado.
O equipo de Fran Toba e Iván Chans foi superior durante a maior parte do partido gozando de infinidade  de ocasións que eran case sempre respostadas polo bo facer da porteira local.

Desta vez comenzou forte o Fisober e os catro minutos Patri co calcaño enviaba o balón as redes entre unha maraña de pernas. Tentaron respostar o gol as locais por medio da súa capitana pero non conqueriu a igualada.


Mediada esta primeira metade Elsa e Ylenia tiveron unha dobre ocasión na que Antía se mostrou intratable. Pouco despois de novo Elsa se topaba con Antía e Myrella tamén tiña a súa pero o segundo gol non chegaba.

Pero os últimos sete minutos todo trocou, e foi despois de unha falta indirecta pola tardanza no saque. Foron uns minutos de dominio local e de boas e claras ocasións para elas. Ata en tres ocasións a porteira visitante Paula tivo que frear as perigosas chegadas das de Ribadeo.


E cando todo indicaba que se ia chegar co 0-1 o tempo de lecer, a 1 minuto do fin Ana tivo a opción de mellorar o resultado aínda que non o logrou,  a segunda a 35 segundos para o fin de periodo non errou e  unha combinación con Patri deixou o 0-2 a favor das da Costa.

A segunda metade foi de máis ida e volta pero con menos ocasións. Eso si  no primeiro minuto as locais fixeron intervir a Eva que se colocou baixo os paus neste  segundo periodo.

No ida e volta ahora era a xogadora de Fisober  Elsa a que tiña a súa opción. E como non a resposta do Ribadeo non se fixo esperar para poñer en perigo a Eva.

No minuto seis a local Eva aproveitaba un despiste e facía o un a dous que facía perigar o resultado para o Fisober.

Os dez minutos Ylenia viase as caras de novo ca porteira local Antía, pero non había maneira de superala. Ribadeo non se rendía e a piques estivo de lograr a igualada cando a capitana local emulou o toque de calcaño de Patri no primeiro gol visitante e fixo intervir a Eva.

Fisober non estaba disposto a deixar escapar a victoria e propuxose non pasar perigo nos últimos minutos. E máis cando despois dunha xogada de pizarra Noelia lograba o tranquilizador  un a tres a falta de cinco para o final.


Con este gol os últimos minutos foron tranquilos para as da Costa, e Noelia aínda dispuxo dun dobre penalti  e Barca a sete segundos do fin elevou en exceso ante a saída de Antía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario