lunes, 17 de octubre de 2011

Muxía - Carnota. 1-2

MUXÍA: Jose Antonio (Ramón, min.76), Jose Manuel, Ángel Luís, Ángel do Claudio (Pesqui, min.46), Currás, Pataca, Javi, Albertiño, Raul (Santi, min.80), Arxires e Martinciño.


CARNOTA: Peipo, Boni (David  Castreje, min.58), Pedro, Manolo, Tono da Caixa, Pumuki (Tono Goyanes, min.46), David, Rodrigo, Borja Santos, Manuel Luís e Manoliño (Andrés Fandiño, min.80).

Goles: 1-0, min.15: Martinciño; 1-1, min.38: Manoliño; 1-2, min.75: Toño Goyanes.

Expulsión: O local Arxires (min.40) por dobre cartón amarelo.

O conto de tódalas semanas, partido na Arliña o Muxía merece un pouco máis pero quedase coa derrota. Cun equipo pragado de baixas, o porteiro  Ángel Luís voltou a xogar no lateral esquerdo e os locais prantaron cara a un dos presuntos favoritos o ascenso.

Tivo que traballar moito o Carnota para sacar os tres puntos da Arliña. Non tivo moita historia o partido, o Muxía aproveitou a súa ocasión para adiantarse despois de que unha xogada por banda dereita rematara cun centro de Albertiño que aproveitou Martinciño aparecendo dende o lado contrario.

Despois o Carnota entraronlle as presas pero non supo reaccionar nin aclimatarse a Arliña  e solo nunha ocasión se prantaron ante Jose Antonio pero este no man a man enviou a saque de esquina.

No minuto 38 unha falta lateral, Manoliño en posible fora de xogo aproveitou o erro do meta local para igualar o partido.

Para empeorar as cousas Arxires facía unha entrada absurda  no medio campo nunha xogada sen perigo e deixaba o seu equipo  con dez.

Os locais daban entrada na punta o xuvenil Pesqui polo lesionado Ángel do Claudio para tentar ter velocidade na punta e poñer en perigo a contra a Peipo.

E desta vez parece que saíron máis concentrados o quedarse con dez que non sufriron a habitual páxara da segunda metade.

Aguantaron ben as embestidas do Carnota que non creaba perigo, ata que de novo unha falta lateral era aproveitada por Toño Goyanes a pracer.

O adestrador  local poñía a Ángel Luís na portería e tentaba a machada pero non puído ser, e o Carnota a contra ata errou unha ocasión na que tres xogadores se prantaron solos ante o porteiro que foi desviada a saque de esquina por Ángel Luís.


Colabora QPC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario