lunes, 24 de octubre de 2011

Fisober B - Manureva. 0-12.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO- MANUREVA TALLERES. 0-12.

FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO : Noelia, Iria, María, Tamara e Myrella ; tamén xogaron : Mónica, Inés, Loly, Laura e Nuria.



MANUREVA : Melania, Natalia, Noa, Cristina e Cintia; tamén xogaron : Paula, Olalla e Nerea.

Árbritro e mesa: Jorge Fernández e Francisco Vilouta.

GOLES : Marcaron por Manureva; Cristina 4 goles, Cintia 3 goles, Paula 3 goles, Noa e Olalla 1 gol. O descanso o tanteador era de 0-5.

A maña do domingo en Baiñas comenzaba unha nova andadura para o filial do Fisober contra un dos rivales máis potentes da categoría e como ben mostra o tanteador o partido non tivo moita historia. 

Cun plantel totalmente remozado e con xogadoras que disputaban o seu primeiro partido oficial co Fisober B e nunha liga oficial tamén, ante un equipo cheo de xogadoras con moitos minutos de competición as súas costas e actuales campeonas de Copa.


O filial terá como obxectivo para a tempada o aprendizaxe e ter minutos nunha liga oficial, ca intención de  que algunha xogadora consiga dar o salto o primeiro equipo .

Imaxes da pretempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario