jueves, 9 de febrero de 2012

O día da marmota !

O Real Madrid de basket cada vez que chega un partido importante vive o seu particular día da marmota o igual que na mítica película de Bill Murray caendo unha e outra vez nos mesmos erros e contra os mesmos rivais.



Conseguindo  en catro días, dilapidar a ilusión dos seus siareiros para esta tempada, bueno si lle sumamos a tunda fronte o Siena de fai unhas semanas.

Fai pouco máis de un mes un servidor rompía unha lanza a favor do equipo despois de ser  tan e tan crítico con el, maldito o día. Eso sí non o tiña nada claro xa que nos partidos como o de onte en Bilbao vía reminiscencias do pasado e sembrábame dúbidas.

Pois si as dúbidas eran máis que fundadas, a domicilio con público hostil  apretasenos o cuiño e parecemos entes sobre a pista. Seguimos os patróns da Era Messina, comenzo espectacular de tempada , comenzan as derrotas e moitas dúbidas e ahora chega a Copa, na que a caída estrepitosa na Final fronte o Barsa derrumbou os pilares do Messina Team.

Aquí xa os derruiron onte, Laso chegou con moitas voces discordantes sobre si era o apropiado, inmensas para a afección, pero ca axuda dos NBA  pois a xente empezou a creer pero con matices , a espera de grandes partidos. Bueno nos medio xa caemos.

Non sei pero eu creo que o basket gañase dende a defensa, e si non defendes todo se vai o garete. Máis para un equipo que ten como arma primordial o contrataque, si non defendes non podes correr.

Pois o Real Madrid non defende e con eso queda todo dito. Si lle sumamos que a este equipo faltalle un líder, alguén que queira a bola con criterio para cando todo vai mal, pois afundimonos coma onte.

Moitos queren a bola pero sin criterio, Chacho, Llull, Carroll…….todos fan a guerra polo seu lado e obcécanse  chochando  unha e outra vez contra os muros defensivos, dando o pe a contrataques e canastas fáciles rivais.

A razón, que calquer equipo é máis agresivo, ten máis garra e gañas que nos e si a eso lle sumamos que o adestrador debe ter fobia a pedir tempos mortos e pegarlle unha boa bronca os seus pois mal vamos. Da a impresión sempre que vamos ganando de tunda.

De onte non se pode salvar a nadie, quizáis un pouco a Nole Velickovic, que o mellor sea un xogador que apenas xogou este ano e  a base de triples non é moi bo tirador que digamos , non di moito polo equipo. O tema dos tiros libres toda a tempada lamentable, sempre é do mesmo sitio e somos o segundo peor equipo ACB o Real Madrid non pode permitirse eso.

Despois voltamos o de sempre na construcción do equipo, falta un pivot dominador e intimidador. Como un que cumpla esas dúas condicións ou xoga na NBA ou é casi imposible conseguir pois o intimidador.

 Ahí ven outro gran erro, xa o tíñamos, D´or Fischer eu sempre o dixen daba algo diferente o equipo, cambiaba moitos tiros e xogaba por encima do aro, limitado pero cumplía, foi MVP do equipo a tempada pasada en Euroliga e  así poder  complementalo co sin sangre Tomic. Ademáis para a forma de xogar que quere implantar Laso o propio.

Pois bueno os listos que mandan no clube desprendense del, claro era extracomunitario o peor é  que ahora andan buscando no mercado un xogador dese perfil, lamentable sin máis.

Outra notiña que quero deixar é que carecemos dun bo base para xogar en estático, levo dicindo dende o primeiro día pero nadie escoita.

Como sempre finalizo, os equipos que corren e van o espectáculo, puntos para diante sin defensa ……………..e moi bonito pero non son os que ganan os títulos, os títulos son para os equipos que baixan o cuiño en defensa e fan sufrir o insufrible o rival. Sabíamos que non eramos Cska, Barsa ou Panathinaikos pero creíamos estar preto do Siena, tan ilusos éramos.


Outros artículos relacionados :

Fin de ano para o Laso Team.


Laso Team.


Laso non é o problema.


Precísase adestrador de baloncesto.


O mellor do Real Madrid Nba no 2011.


Messina Gate.

No hay comentarios:

Publicar un comentario