martes, 21 de febrero de 2012

Muxía-Lira.2-2 e suspendido.

MUXÍA: Angel Luís, Carrera (Albertiño, min.60), Martinciño, Currás, Pataca, Julián, Jose Manuel, Juan do Coral,, Pesqui, Raúl (Ramón, min.63), Arxires (David Pena, min.80).



LIRA: Miguel Anxo, Abel, Fran, Pelexo, Miche, Jose, Alvaro, Yerai, Patachin, Suso Perico e Fran Perico.

Goles: 1-0, min.10: Arxires; 1-1, min.11: Suso Perico; 2-1, min.22: Pesqui, de penalti; 2-2, min.42:Suso Patachín.

Expulsións: Os visitantes Pelexo (min.75), con cartón vermello directo, e Álvaro (min.83), por dobre cartón amarelo.
Partido sen nada en xogo que tristemente foi suspendido no minuto 83 cando o xogador visitante, Álvaro, perdeu os papeis e tras unha xusta  expulsión, viu o segundo cartón amarelo despois dunha man tan clara como innecesaria, golpeou ao colexiado, un rapaz  duns 15 anos, que temeroso se foi para os vestiarios auxiliado por todos os xogadores perplexos xogadores dun e doutro equipo e a súa nai que lía un libro tranquilamente na grada vía tal despróposito. Parece incrible que aínda pasen estas cousas, non teñen razón, nin xustificación. O partido ía empatado a douses cando se suspendeu.

Ata antes da expulsión o partido estaba sendo tranquilo incluso con asiduidade dende o banco do Lira pedíaselle os seus xogadores que xogaran e deixaran de protestar.
 Arxires recolleu un balón na esquina da área pequena tras unha falta lateral que non atopou ninguén que a despexara para subir o primeiro.
 Acto seguido, nada máis sacar de centro, un balón a banda para Fran Perico acaba cun centro atrás que o seu irmán Suso non desaproveita.

Os locais tentaban levar o peso do encontro, pero os de Lira sacudíanse ben da presión, ata o minuto 21 no que Pesqui recibe un balón por banda, internase na área, sendo derribado  e o propio Pesqui transformaba o segundo para Muxía.
Foron uns minutos de desconcerto para os visitantes que puideron encaixar un terceiro gol, Arxires ata en dúas ocasións no minuto 27 e no 28 solo ante Miguel Anxo erraba o gol, a primeira tardou moito en disparar e perdeu as súas opción, a segunda enviou desviado por encima do cancerbeiro liracho cando xa se cantaba o gol.

Pero cousas do fútbol, un erro defensivo dos muxiáns é aproveitado por Suso Patachín para poñer a igualada por segunda vez no marcador.
Na segunda metade, os visitantes  xustos de efectivos regalaron o balón ao Muxía e pecharon máis as liñas para aproveitarse das contras.
O Muxía atopouse con Miguel Anxo que desfixo varias ocasións de gol un centro chut de Pataca e un tiro dentro do área de Juan do Coral.

Namentres que os de Lira tiveron a súa oportunidade cun tiro ao longueiro por medio de Suso Perico.
Os visitantes foronse acalorando nun partido sin transcendencía e nas que as decisións do colexiado parecían correctas , e así Pelexo foi expulsado por protestas e pouco despois chegou a xogada que non gusta ver nos campos. 

Álvaro, que xa tiña un cartón amarelo, viu o segundo por unhas mans e foi expulsado. Non encaixou ben a expulsión o xogador do equipo laranxa que empurrou ao colexiado e o golpeou na cara. O xoven rapaz, xogador do Coristanco xuvenil, marchou cara os vestiarios, mentres tanto os xogadores do Muxía e do Lira o protexeron do xogador do Lira que estaba un pouco fóra de si. Finalmente o colexiado, Rubén Reborido, non quixo continuar o que restaba de encontro e suspendeu o choque. O que me parece moi normal.


Colaboran QPC e Miguel Anxo porteiro do Lira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario