lunes, 20 de febrero de 2012

Fisober B - Fame Negra. 3-6.


RESULTADO : FISOBER B – FAME NEGRA. 3-6.

FISOBER B : Catti, Iria, María, Inés e Laura ; tamén xogaron : Mónica, Myrella, Noelia, Loly, Natalia e María Maroñas.


FAME NEGRA :Dayanna,  María E., Jessica, Adriana e María Corrochano  ; tamén xogaron : Fanny , Antía e Eva Lago.

GOLES : 0-1 Jessica, 0-2 María Corrochano, 0-3 María Corrochano, 0-4 María Corrochano, 1-4 Noelia,(descanso), 2-4 Myrella, 2-5 María E., 3-5 Noelia,3-6 María Corrochano.

O filial do Fisober posiblemente xogou o peor partido da tempada e en dez minutos xa dilapidara boa parte das opcións neste partido o día que Eva Lago voltaba a Vimianzo. Fronte o rival que o precedía na clasificación.

 Con todo o partido quedou nun segundo plano despois da lesión da capitana local María que tivo que ser trasladada o Hospital, aínda que todo en principio todo  quedou nun susto.

Si na primeira volta fora Jessica a que fora o terror das da Costa desta vez foi María Corrochano a que lle fixo catro goles.


Xa os tres minutos unha perdida foi aproveitada por Jessica para adiantar as visitantes. E os seis despois dun saque de esquina María Corrochano facía o segundo. Case sen tempo para respirar as visitantes dispuñan de dous tiros o pau casi consecutivos.

E os nove minutos de novo María Corrochano facía o terceiro. E a mesma xogadora o cuarto de novo despois dun saque de esquina  os doce minutos, ante un filial totalmente irrecoñecible.

Parece que a partir deste momento as locais empezaron a sacarse a tensión que parecían ter encima e unido a relaxación visitante pois as ocasións comenzaron a chegar.


O partido volveuse moito máis aberto con ocasións para os dous lados pero máis perigosas para as locais.

Así os quince minutos foi Noelia a que reduxo diferenzas. As locais continuaron apretando e Myrella, Inés, Noelia e María poñían en serios apretos a meta visitante.

Para estas as visitantes xa daban moitos  minutos a xoven Antía que mostrou moi boas maneiras.

Antes do tempo de lecer Noelia gozou dun lanzamento o pau.


A segunda metade seguiu a liña coa que rematou a primeira, ida e volta e ocasións para os dous bandos.

Os catro minutos da reanudación Myrella acurtou distanzas e fixo creer as súas. Estes foron os mellores minutos locais, pero máis por ocasións e xogadas individuais que por xogo.

As ocasións ianse errando unha tras outra polo bando local e as visitantes respostaban con algunha perigosa contra, pero o terceiro non chegaba e a renda seguía a ser suficiente.

Ata que a doce para o fin María aproveitaba uns rexeites para facer o dous  a cinco, que foi a lousa final para as locais.


Pero o peor chegou pouco despois cando nun balón dividido un choque entre as dúas capitanas rematou cas dúas no chan doendose. Todo facía pensar  que fora a visitante a que levara a peor parte pero non foi así.

A local María tiña un forte golpe nun xeonllo o cal non podía mover e tivo que ser trasladada o Hospital da Rosaleda en Santiago, pero finalmente parece que a lesión é menos grave do que aparentaba nun primeiro momento.

Despois desta noticia o partido perdeu totalmente o interese e solo cabe destacar o tres a cinco por parte da local Noelia e o sexto das visitantes de novo a cargo de María Corrochano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario