lunes, 6 de febrero de 2012

Fisober B - Ponteceso. 5-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – CONCELLO DE PONTECESO. 5-1

FISOBER B : Eva, Iria, Patri, Myrella e Ana; tamén xogaron : Mónica, María, Inés, Laura, Cris, Loly e Nuria.



PONTECESO : Salomé, Cris, Ana, Martina e Anabel; tamén xogaron : Christine, Silvia, Marta e Fany.

ÁRBITRO E MESA : Álvaro Otero e Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 Myrella, 1-1 Ana, ( descanso), 2-1 Loly, 3-1 Inés, 4-1 Mónica, 5-1 Patri.

O filial gañou a semana que perdeu o primeiro equipo e voltou a facelo no derbi local fronte o Ponteceso.

A  primeira metade por parte das locais non foi boa pero o dominio foi seu. Así as locais adiantaronse no electrónico cun gol de Myrella.

As visitantes apenas chegaban con perigo. A local María conseguía facer o 2 a 0 pero como o colexiado pitara con anterioridade penalti sobre ela a pesares de que ela seguíu a trompicons , pois non subiu o tanteador. Ela mesma lanzouno pero errou a pena máxima.


Nunha das poucas chegadas visitantes Ana facía a igualada a pouco para o fin da primeira metade.

Aínda así antes do tempo de lecer  as locais gozaron de dous dobres penaltis por medio de Myrella e Patri pero non foron quen de batir a Salomé que salvou as súas dunha maior goleada.


A segunda metade as do filial saíron con outro ritmo e pecharon totalmente as visitantes quenes solo saían con balón longo da súa gardamallas.

E así tiñan que chegar os goles e foi Loly a que facía o segundo local despois dunha boa combinación, unha Loly que lle adicaba o gol a lesionda Martina.


Ocasión tras ocasión seguiron a chegar os goles o terceiro foi obra de Inés definindo ante Salomé. Co dominio total local era cuestión de tempo que fora aumentando a renda.

E Mónica facía o cuarto a pracer despois doutra boa combinación. Para pechar o partido Patri co quinto e definitivo e aínda puido caer algún máis.


Destacar que polo filial do Fisober marcaron dúas das tres pontecesanas que xogan no seu conxunto Myrella e Mónica. A terceira Iria a piques estivo de logralo na segunda metade pero o seu tiro foise rozando o pau.

Sinalar que Mónica e Loly facían o seu primeiro gol oficial ca camiseta do filial do  Fisober e por  conseguinte  na Liga Provincial.


CRÓNICA DO PARTIDO DA PRIMEIRA VOLTA.


NOTA DE PRENSA DESPOIS DO PARTIDO DO ANO PASADO.


Para atopor as crónicas e os videos dos partidos co Ponteceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario