lunes, 13 de febrero de 2012

Fisober - Ribadeo. 5-0.

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” 5-0 RIBADEO FSF

FISOBER  "CONCELLO DE VIMIANZO" : Paula, Olalla, Ana,Elsa e Barca; tamén xogaron: Patri, Ylenia, Alba, Myrella, Noelia e Eva.
RIBADEO : Antía, Ana, Toñi, Elvira e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Iria e Tania Penabad.

GOLES : 1-0 Noelia, 2-0 Alba , 3-0 Patri  (Descanso), 4-0 Barca, 5-0 Barca.

O Fisober bastoulle con ser constante e estar ordenado para que o partido caese do seu lado gracias a calidade das suas xogadoreas e as baixas cas que se presentaba o Ribadeo no Municipal de Vimianzo.

O Ribadeo saiu a defenderse e chegaba con pouco perigo a portería defendida por paula na 1ª parte, o seis minutos una xogada de todo o equipo era culminada por Noelia facendo o 1-0 e pouco despois Alba  facia o segundo que daba se cabe maior tranquilidade as xogadoras vimiancesas. A pouco do pitido final Patri  conseguía o 3-0, resultado co que se chegaba o tempo de lecer.


A tónica na segunda metade foi a mesma, Fisober dominaba o partido e o Ribadeo apenas creaba perigo. Barca con dous goles o estilo Raul redondeaba o resultado final de 5-0.

Con esta vitoria o Fisober segue líder con tres puntos de diferencia sobre os equipos pontevedreses do Mos e o Marcón.



Enviada por Fran Toba.


CRÓNICA DO RIBADEO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario