lunes, 6 de febrero de 2012

Poio - Fisober. 4-3.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : POIO – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” : 4-3.

POIO : Pintos, Nerea García, Nerea Moldes,  Laura e Bibiana ; tamén xogaron : Paula, María e Tania.

FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Ylenia, Olalla, Noelia, Myrella, Alba e Tamara.



ÁRBITRO E MESA : J. Jose González e Carlos Gómez.

GOLES : 1-0 Nerea Moldes, 1-1 Barca,( descanso), 1-2 Patri,2-2 Tania, 2-3 Barca, 3-3 Paula, 4-3 Laura.

O Fisober  caio en Poio pero segue líder, aínda que non deixa de ser curioso que as tres derrotas das da Costa se produciron na provincia de Pontevedra.

O partido comenzou de maneira parecida a última derrota na pista de Mos con ocasións  unha detrás de outra das xovenes xogadoras locais. Primeiro foi Nerea Moldes, e despois foi Paula por partida dobre a que puxo a proba a  Eva. E para rematar ca boa saída das locais  foi  Nerea  García a que tivo a súa opción.


O adestrador visitante vendo como pintaban as cousas decidiu pedir tempo morto e cambiar en bloque as xogadoras de campo para tentar cambiar o rumbo i espolear as súas.

E algo cambiou a pesares de que os cinco minutos Nerea Moldes adiantaba as locais , unha Nerea Moldes que a piques estivo de aumentar distanzas pouco despois.

O partido abriuse máis e as da Costa empezaron a desempeñar  o seu xogo. Así Patri os oito minutos tivo nas súas botas a igualada e os nove era Myrella  a que vía como Pintos se atopaba o seu remate.


Cas da Costa dominando un tiro da local Bibiana foise o pau o cal contestaba a visitante Patri con outro lanzamento o pau.

Aquí chegaron os mellores minutos visitantes, e dúas boas ocasións para Ana que eran desviadas pola porteira local  Pintos, primeiro un globo que mandou a saque de esquina cando entraba e despois nun tiro.

E os trece minutos unha excelente xogada a base de paredes das visitantes remataba co gol a pracer de Barca para igualar o tanteador.


As  locais  chegaban nestes momentos con contagotas  pero Nerea Moldes asustaba as visitantes. As cales respostaban as de Fisober por medio de Noelia e Ana.

O último minuto da primeira metade foi de tolos primeiro ocasión para a local Paula, que sufriu a resposta por medio de Patri primeiro e despois de Olalla. Pero na última xogada desta primeira metade a local Tania pudo desfacer a igualada.


A segunda metade comenzou de outra maneira  e no segundo minuto unha clara ocasión para Barca remataba cun rexeite que voltaba a ela, era derribada de forma clara  dentro do área pero o trencilla inexplicablemente non o pitaba ante o asombro de todo o mundo, incluso das locais.

A resposta por parte do Poio foi a cargo   de Laura pero atopouse con Eva. Os cinco minutos chegou outro arreón do Fisober, primeiro Noelia, despois Ylenia e de novo Noelia vían como Pintos desfacía as súas ocasións. Aínda así  Eva tiña que aparecer  para frear as contras locais.


Os  nove minutos Patri poñía por primeira vez as da Costa por diante, facendo o 1 a 2. A resposta local foi por medio de Paula.

Mediada a segunda metade Myrella e Barca tiveron opción de aumentar distanzas e poñer un pouco máis de cara o compricado partido.

Pero lonxe deso unha combinación local rematou co tanto da igualada por medio de Tania a sete para o fin.
Fisober non se rendía e Barca tiña opción para voltar a poñer en vantaxe as súas e a cinco para o fin conseguíuno facendo ela mesma o 2 a 3.


As locais en ningún momento se rendiron e a tres para o fin foi Paula a que de novo colocou a igualada. Ese gol fixo moito dano as da Costa  e Nerea Moldes case consigue adiantar as súas.

Cando restaban corenta segundos para o fin un lanzamento de falta de Laura petou no pau e colouse para facer o definitivo 4 a 3.


Aínda así Noelia tivo unha última opción para desfacer a igualada pero o seu lanzamento deu no pau por dentro pero non quixo entrar, quedaba claro que non era  a tarde , rematando o partido con victoria local.



No hay comentarios:

Publicar un comentario