lunes, 27 de febrero de 2012

Fisober - Bembrive.6-1.

LIGA    AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – MOSTEIRO BEMBRIVE.6-1.

FISOBER : Eva, Ylenia, Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Patri, Barca, Elsa, Olalla, Inés, Laura e Paula.



BEMBRIVE : Cristina, Lidia, Sara, Irene e Viviana ; tamén xogaron : Lara, Eva, Nerea e Sabela.

ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Lidia, 1-1 Barca, 2-1 Patri, ( descanso ) , 3-1 Barca, 4-1 Barca, 5-1 Patri , 6-1 Inés.

Partido disputado na tarde do sábado no pavillón de Vimianzo onde  Fisober sacou adiante o seu partido  unha xornada máis e continua líder.


Comenzou o partido con moito respeto por ambas escadras e sin apenas ocasións. As visitantes moi ben colocadas solventaban fácilmente as tímidas chegadas locais.

Ata que os sete minutos unha contra das visitantes rematou co 0 a 1 por parte de Lidia. Ese gol cambiou o ritmo do encontro e as locais decidiron dar un pasiño máis. A resposta foi por parte de Myrella quen tivo a igualada nas súas botas.


Os oito minutos un balón longo deixao pasar intelixentemente Elsa enganando a porteira  e o balón vaise rozando o pau. Nese mesmo minuto é Patri a que dispón doutra ocasión para a igualada.

Mediada a primeira metade de novo  Elsa  recibía un balón de costas  no borde do área pero a porteira moi rápida desbarata a ocasión. E nese mesmo minuto foi Ana a que tivo unha nova opción para a igualada.

O gol parecía que non tardaría en chegar e así foi cando unha excelente xogada ca participación de todo o equipo foi rematada a pracer por Barca para poñer a igualada no electrónico.


Os quince minutos de novo Barca andaba preto do gol pero Cristina mandaba a saque de esquina. Un saque de esquina que acabou co balón en Patri que batía por baixo a Cristina e poñía  en vantaxe as locais.

Un minuto despois foi Inés no segundo pau  a que tivo a ocasión para incrementar diferenzas. Pero as visitantes non se rendían e ensinaban as garras a contra. Así ata en dúas ocasións a capitana visitante  Lara dentro do último minuto probaba a Eva. Chegandose co 2 a 1  o tempo de lecer.

No comenzó da segunda metade  foi Viviana a que quixo reducir diferenzas para as visitantes pero non acertou ante Eva.


Os cinco minutos da reanudación foi de novo Barca a que conseguíu o terceiro gol local e poñer terra de por medio no electrónico. Un minuto que foi tolo para as locais, xa que Ana mandaba un zapatazo o pau e despois doutra gran combinación Barca facía o cuarto gol do Fisober e o terceiro na súa conta particular.

O partido abriuse un pouco máis e os nove minutos Patri dispuña dunha nova ocasión pero o seu disparo escapouselle por pouco. Nese mesmo minuto as locais dispuñan dunha falta indirecta na frontal, pero nin Noelia nin Myrella conseguiron o obxectivo do gol.

As visitantes non se escondían  decidindo adiantar as  liñas de presión   e por medio de Irene e despois de Lara tentaron reducir diferenzas. Unha Lara que tiña unha nova ocasión despois dun contragolpe.


Todo mudou cando Bembrive  decidiu sacar a porteira-xogadora e a resposta local foi por medio dun novo gol desta vez de Patri. Fisober defendeuse como gato panza arriba do ataque de cinco e así Elsa dispuña dunha nova ocasión.

Solo unha vez puxeron en apuros as visitantes a meta defendida por Eva  e foi cun lanzamento  lonxano de Irene que se foi o longueiro.


A dous para o fin unha contra por parte das locais rematou co sexto gol por parte da debutante Inés. E no último minuto Laura por dúas ocasións e Inés tiveron opcións para incrementar as diferenzas.

Destacar pola parte do Fisober os primeiros minutos en Autonómica para Laura e Inés , unha Inés que ademáis conseguíu marcar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario