miércoles, 29 de febrero de 2012

O elexido.

De novo salta a palestra a posible marcha de Mou, un tema que será un ir e vir ata fin de tempada, a miña opinión foi sempre que o fin desta tempada ou da próxima o portugués voltará a súa querida Inglaterra, solo el o sabe.


O que si está claro é que non está a gusto en Madrid, non controla todo o que lle gustaría controlar. A pesares de ser o adestrador que conseguíu embelesar a Florentino, ten un poder insospeitado, ata se levou por diante a Valdano, nunca está contento de todo.

Sempre quere algo máis. O outro día por exemplo, pedía que máis siareiros foran a Vallecas. Por case todo o campo  vianse camisolas do Real Madrid, ademáis en España non hai tanta cultura do desprazamento como en Inglaterra. Pagar 110 euros por unha entrada, non están os tempos para eses contos, sobre todo si eres de Madrid e podes ir vel o Bernabeu por un precio moito menor.

Pero sempre hai algunha razón, que o público non o quere o suficiente, que a prensa lle atiza moito…………………..e todas esas cuestión son as que o fan non estar de todo a gusto. Aquí non é o special one, aquí é Mou , moi importante pero polo Real Madrid pasaron e pasaran moitos e a súa Historia continuará. E eso que é moi querido polo madridismo.

Todo esto levanos a pensar nun sustituto, gran problema na casa branca. Non porqué non haia outros suficientemente capacitados. Mou é un dos mellores do mundo non cabe dúbida pero algún outro tamén o pode facer ben.

O gran problema ter esa confianza de Florentino. Nunca xamáis vira tal cousa. Flo confía nun adestrador, de maneira incrible. Será como dixen no pasado que cree no seu particular pacto co diaño para tumbar o Barsa, pero faino.

Veña o que veña non conquerirá eso e ahí reside o  problema do próximo adestrador, CONFIANZA, Floren solo a tivo en Mou os outros sempre foron sospeitosos habituais.

Para min o adestrador perfecto para o Real Madrid sempre foi Camacho, pero claro ca confianza e o poder que ten Mou nestes momentos, coñece a casa, ten carácter e non fuxe do bo fútbol. A súa volta imposible, despois de dimitir dúas veces difícilmente voltará o Bernabeu ademáis anda por China.

Outros nomes que sonaron foron o de Joachim Low o seleccionador alemán, non o está a facer mal. Alemania practica un bo fútbol, pero sin apenas experiencia en equipos, non o vexo eu para levar un portavións como o branco.

Rafa Benítez é Mou pero en malo, non me gusta nada. Coñece a casa eso si, pero xa fai moitos anos que saíu. Xa lle tocou sustituir a Mou no Inter e a cousa non saíu ben. O seu fútbol é moi aburrido e moito peor que o do portugués.

Pochettino, non me disgusta, ten carácter, está a facer un bo traballo cun equipo moi xoven e sacando moita xente da canteira. Sin despreciar o bo fútbol. O problema dun adestrador como o arxentino, que as primeiras de cambio si as cousas van mal, irían a por el. Xa lle pasou a Pellegrini e penso que lle pasaría a el.

Marcelo Bielsa é imposible que acepte o reto, e penso que é moi válido, pero a súa filosofía de traballo non vai nin cun Real Madrid, nin cun Barsa el quere outra cousa e moito, moito traballo. No verán renunciou o Inter e non lle caeron os aneis.

Seguro que hai moitos máis nomes pero ningún convencerá o señor Pérez.

Sinceramente  o grave problema que terá o Real Madrid para elexir adestrador virá motivado pola CONFIANZA  no novo adestrador, ese é o gran problema, non pola valía do elexido. Un problema que por certo tamén terán no Barsa con Pep. A ver quen é o guapo que sucede a Pep.

A continuidade de Mou podería andar ligada a de Pep, dependendo do que faga un, pode que o outro decida e como non dos títulos, si gaña a Liga podería irse, si lle suma a Champions vaise seguro e queda como un rei.




1 comentario:

  1. Sempre poderíamos falar tamén do ansiado por Flo Wenger ou de Van Gaal que é un gran adestrador pero con moi mala prensa.

    ResponderEliminar