lunes, 13 de febrero de 2012

O Pino - Fisober B. 11-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : O PINO – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO”

O PINO : Fany, Laura, Raiane, Cecilia e Vanessa; tamén xogaron : Anxela, Lidia e María.

FISOBER B : Catti, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Laura, Cris, Loly e Natalia.



ÁRBITRO E MESA : Álvaro Otero e Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 Raiane, 2-0 Laura, 3-0 Laura ( descanso), 4-0 Lidia ,5-0 Vanessa , 6-0 María de penalti, 7-0 Laura, 8-0 Lidia, 9-0 Vanessa,10-0 Lidia, 11-0 Laura.

A pesares da derrota co líder intratable da categoría, as da Costa ofreceron unha boa imaxe defensiva  na primeira metade índose cun 3-0 o tempo de lecer. A segunda metade fixoselle moi longa.


O partido xogouse como era de esperar prácticamente solo na zona defensiva do filial do Fisober. Eso fixo que as porteiras locais tanto Fany como na segunda metade María  tiveran escaso traballo e como é habitual neste equipo aparecendo en ataque  de vez en cando nas xogadas de estratexia.

O Pino dominaba pero o gran  traballo defensivo do filial, compricoulle moito as cousas nesta primeira metade. Lideradas por Laura as locais  buscaban  o gol unha e outra vez . O primeiro gol chegou os catro minutos por parte de Raiane despois dun forte lanzamento.


O segundo fixo Laura os sete minutos.. O terceiro gol voltou a ser por medio de Laura os once minutos.

Despois  o filial conseguiu aguantar ata o tempo de lecer sin recibir ningún gol. As da Costa   facían  un bo  traballo defensivo e con moitas axudas para que non se incrementara o resultado de tres a cero.

Na segunda metade parece que o gran esforzo físico que fixeran na primeira unido a unha certa relaxación despois do traballo da primeira metade  parece que lles pasou factura as visitantes, xa que nos primeiros sete minutos recibiron os mesmos goles que en toda a primeira metade.


Sendo o sexto gol despois dun claro penalti que transformou a porteira local María. Os adestradores visitantes pediron tempo morto para tentar frear a sangría.

 Aínda así os goles seguiron caendo ata u once a cero final que deixa O Pino máis líder xa que sigue a contar  tódolos seus partidos por victoria o que se lle sumou o empate dos seus persiguidores no enfrontamento directo, Manureva e Amarelle igualaban a un o sábado en Arteixo.


Fotografías do partido da primeira volta disputado en Baiñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario