lunes, 20 de febrero de 2012

Sada - Fisober. 2-5.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : PERLA  SADA   2– 5 FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “.

PERLA SADA : Marta, Laly, Susana, Maite e Rebeca ; tamén xogaron : Susana C e Rita.

FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Myrella, Noelia, Eva e Alba.




Árbitro e Mesa : Jose Fdez e Patricia Esparza.

GOLES : 0-1 Ana, 0-2 Barca, 0-3 Patri  (Descanso), 0-4 Patri, 1-4 Susana, 1-5 Alba, 2-5 Rita.

O Fisober conseguiu tres  puntos importatantes a costa dun combativo Sada, que lle permiten seguir líder unha semana máis.

As xogadoras vimiancesas realizaron una espectacular primeira parte con gran movilidad e toque conseguindo tres auténticos golazos nos que chegaron a combinar todas as xogadoras de pista.


Xa na segunda parte as xogadoras do Sada intentaron acortar distancias, pero o bo facer defensivo das visitantes impediano una e outra vez, saindo en rápidos contraataques, nunha desas contras Patri anotaba o 0-4, Susana acortaba distancias rematando a placer una asistencia de Laly, xogadora máis perigosa do Sada, pero noutra contra desta vez era Alba a que colocaba o 1-5 no marcador, xa no derradeiro minuto a Rita conseguiría o definitivo 2-5.

A próxima semana o Fisober recibirá o Bembrive pontevedrés e na que o choque máis salientable será o Mos vs Marcon, 2º e 3º clasificados a tres puntos do Fisober.


Unhas xogadoras do Fisober que non deben relaxarse xa que está tempada as derrotas viñeron despois de grandes victorias, despois de gañar o Marcón perdeuse en Mos e despois de vencer o Leis pinchouse en Poio.


Nota de prensa de Fran Toba. Imaxes do partido da primeira volta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario