viernes, 1 de abril de 2011

Tickets para a Final Four.

Na noite de onte coñeceronse os primeiros tres equipos que xogaran a Final Four de Barcelona. Os cales serán Montepaschi Siena e Panathinaikos que se enfrontarán nunha das semifinais e Maccabi que espera rival do gañador do Real Madrid – Power E. Valencia.

Cabe destacar dous datos decíamos despois da primeira xornada que os equipos con vantaxa campo gañaron 21 de 24 veces estas roldas, pero desta vez os tres clasificados non tiñan vantaxa de campo, polo cal unha estatística rachada. Outro foi que os tres gañaron os tres partidos seguintes despois de perder o primeiro, outra estatística que racharon xa que a victoria no primeiro auguraba cun 87 %  o ticket cara Barcelona. De seguido vamos a falar un pouco das eliminatorias.

O Panathinaikos tumbou contra pronóstico o actual campeón o Regal Barcelona, que ademáis puxera moitos cartos no asador para gañar a Euroliga que se disputa na súa cidade, algo que xa non vai poder ser. Recibiron os de Pascual da súa propia mediciña, unha defensa o límite como a deles, da cal se queixaron, topouse o Barsa cun equipo tan físico e atlético coma eles manexado extraordinariamente dende o banco por Mister Euroliga o señor Obradovic con 7 cetros continentais as súas costas, con 4 equipos diferentes, palabras maiores. No campo a súa prolongación e Diamantidis soberbio nestes cuartos. O ambiente no Oaka deixa sen palabras.

Aquí temos a mostra de confianza nun adestrador, o ano pasado fixeron o rídiculo en Euroliga caendo cun equipo de segunda liña grego no Top 16 o Maroussi. Obradovic presentou a dimisión pero os siareiros verdes colapsaron o aparcadoiro do clube para pedirlle que continuara e aquí temos os resultados. Perdeu dúas das súas pezas máis importantes como eran Peckovic que se foi a NBA e Spanoulis que se foi o gran rival Olimpiacos pero non importou quizáis construiu un equipo e a pesares dun Top 16 irregular que o levou a ter que medirse o Barsa, témolo ahora como o gran favorito para a Final Four e máis se cabe cun mes máis de xogo para o seu pivot Maric case inédito na serie o vir xusto da lesión. O dous para dous que tan ben fai o Regal Barcelona con Navarro e un pivot, viuse ca versión mellorada do Panathinaikos e non foi quen de freala.

O seu rival será o Montepaschi que despois de recibir unha malleira de proporcións épicas no primeiro partido ante Olimpiacos, nadie pensaba que se recuperaría e vaia se o fixo. Tres victorias seguidas e con dúas das súas estrelas vindo de lesións como eran o home polo que todo xira Mc Caleb e o exmadridista Kaukenas. Bonita semifinal se nos presenta si os dous equipos teñen a toda a súa xente en óptimas condicións.

Para os gregos de Olimpiacos unha nova decepción e xa non sabemos cantas van. Penso que de novo caera o adestrador e xa apunto 3 nomes que van facer mover todo o mercado de adestradores, Dusko Ivanovic, Ettore Messina e S. Pesic. Os gregos, Efes, F. Ulker, Caja Laboral e Real Madrid van mover moito este mercado para o verán.

Dos xogadores xa non falamos, Papaloukas non foi en Atenas nunca o director de Moscú e Spanoulis tampouco foi o do outro lado da cidade outro proxecto o lixo mentras que os rivais da cidade apuntan un novo título, todos sabemos o que doe eso.

O Maccabi cumpliu os pronósticos, aínda que en Vitoria sufriu máis do que un servidor pensaba, como xa dixemos no Nokia Arena o Caja Laboral tal e como se nos estaba amosando esta tempada non tería nada que facer e así foi, dúas tundas e para casa. Parece que a segunda etapa de Ivanovic en Vitoria vai terminar, non sempre o crack Querejeta lle van saír ben os fichaxes pero non dubidamos que voltarán.

O Maccabi para a Final Four presentanselle dous graves problemas. Un con cara de lesión xa que D. Perkins rachou ligamentos e sera baixa como mínimo 6 meses. A segunda institucional xa que o día da final non está permitido no país hebreo prácticar deporte fai 20 anos fixerono e foron criticados duramente. Problema que se lle presenta o clube e os dirixentes da Euroliga, veremos como se amaña.

Para o último deixamos o Real Madrid do que nesta xornada non vamos falar de estatísticas, xa que as caras e as sensacións o din todo. En ningún momento da xeira parece que os brancos dominen os partidos. Sempre parece que o ritmo o leva Valencia. As caras sempre de susto de sufrimento nos xogadores de Molin e iso non augura boas perspectivas para o partido decisivo e final que parece que será o mércores na Caixa Máxica.

Cun xogo moi previsible sempre comenzando en Tomic como xa comentabamos e si el non pode dobrando para uns triples que si entran coma nos primeiros cuartos de onte todo vai ben, pero cando empezan a errarse todo se desmorona, e ben a derrota.  Aínda así o partido tivo un momento chave para o Real Madrid e quizáis para a eliminatoria, con 50 a 56 Carlos Suárez errou un triple cando se atopaba solo que podería cambiar o rumbo.

Os de Molin tamén con moitos problemas ante a presión todo o campo que aplica moitas veces Pesic que co seus pouco mimbres ten sempre o partido onde el quere con Omar Cook o mando e Nando de Colo cando quere cambiar o ritmo, pode ser nese outro ritmo onde se note a baixa de S. Rodríguez a pesar do mal nivel amosado esta tempada.

Negras perspectivas para o mércores, cun equipo que se ve cansado e máis problemático aínda sen confianza, cun Mirotic que desapareceu nos dous últimos partidos, cun Llull que aínda que non o digan está a xogar tocado, e con case sen xogadores que sexan capaces de xogarse o balón nos momentos quentes. Maís se cabe contra un equipo que leva todo o ano no fío da navalla, con 1 a 6 como comenzo de Liga chegaron a Copa, con 1 a 3 na fase regular da Euroliga chegaron o Top 16 e nesa rolda con 1 a 3 tamén chegaron a cuartos, voltarán a remontar e chegar a Barcelona, como madridista espero que non.

O Real Madrid ten unha oportunidade histórica de xogar a Final Four na casa do seu máximo rival no que este non estará  pero non se lle ven os mimbres para logralo. Recemos por ir con vantaxe todo o partido o mércores ou estaremos perdidos.

P.d. : Por favor si Tomic vota máis de dúas veces que empece a xogada de novo co exterior xa que o balón perderase de non ser así, o mesmo vale para Velickovic, os dous cando empezan a votar posteando desquician o siareiro branco e perden a bola no 90% dos casos.

P.d. 2 :Para Navarro un apunte non se pode queixar o rei do aspavento e o flow ( tirarse cando sintes o mínimo contacto do rival ) dos arbitraxes, senón que se vexa en video todos os seus partidos e arrepentirase do ben tratado que é sempre, tal vez a falta de costume. Ademáis de que na maioría das súas saídas para a famosa bomba e o tiro fai pasos de saída, fixense se queren. O Barsa coma xa dixen recibiu a súa propia mediciña en defensa e claro eso non foi asumible para Xavi Pascual, que tiña na mente levantar o título no Sant Jordi.

1 comentario:

  1. Na páxina da Euroliga din que o partido será xoves as 20.45 pero aínda non o podemos confirmar.

    ResponderEliminar