lunes, 4 de abril de 2011

FISOBER B - SOBRADO . 1-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO – SOBRADO XUVENTUDE. 1-0.

FISOBER “B” C. VIMIANZO : Eva, Ylenia, Lara, Noelia e Myrella, tamén xogaron : Andrea Romero, María e Andrea Sendón.


SOBRADO : Laura, Sara, Amalia, Lucía e Patricia, tamén xogou Rosalía.

ÁRBITROS : Jorge Varela e María J. Mallo.

GOLES : 1-0 Noelia.

Xogaba o filial do Fisober no inhabitual horario do venres  noite a petición do seu rival,correspondendo as facilidades dadas na primeira volta polas de Sobrado  e parece que lle deu sorte xa que voltaron o camiño da victoria ante o segundo clasificado. Despois de un mes onde a melloría no  xogo non se vía  acompañado polos resultados positivos este venres a  victoria pola mínima por fin  quedou na casa, algo que viñan merecendo as do Fisober B despois de derrotas axustadas nos últimos partidos. Gran victoria ante gran rival o que realza o traballo das xogadoras locais.

Saltaron a pista moi concentradas as do filial do Fisober e así os tres minutos despois dunha combinación do equipo o balón chegou a Noelia que facía o 1-0 que a postre foi definitivo. Co resultado a favor xa dende tan pronto as locais tentaron tocar o balón e controlar o partido. En liñas xerais fixérono, conseguiron que os primeiros minutos do encontro foran tranquilos sin pasar demasiados agobios defensivos.

As de Fisober tampouco conseguían chegar con moita claridade a meta da porteira rival Laura. Pasaban os minutos e nada trocaba sobre a pista do Municipal de Vimianzo. Dominio local pero sen case ocasións claras para ningún dos dous equipos.


Nos últimos minutos Sobrado decidiu dar un paso adiante provocando así máis espacios e algunha ocasión máis para os dous equipos. As visitantes atopabanse sembre ca boa colocación defensiva local e se a superaban coa porteira Eva.

Mentres as locais ,nunha xogada de paredes dáballe unha oportunidade a Lara que non foi quen de superar a Laura. Así a trinta segundos para o final da primeira metade a goleadora local Noelia dispuña dunha posibilidade de tiro que se marchaba o pau e o rexeite nin María,nin Lara foron quen de empurralo a rede.
Chegabase o descanso con victoria pola mínima local. O resultado non permitía relaxación para as de Fisober e non o fixeron. Continuaron tentando prácticar o seu xogo ante un segundo clásificado que tentaba presionar un pouco máis arriba para darlle a volta o electrónico.

Pero aínda que seguían buscando a súa capitana e mellor xogadora Amalia non creaban excesivo perigo a un Fisober que se atopou moi cómodo durante todo o encontro, eso si ca lóxica tensión  polo exiguo do tanteador.

Pasaban os minutos e Sobrado preocupabase xa que se lles ía un partido moi importante na súa loita pola segunda praza. Mediada a segunda metade era cando as visitantes dispuñan da súa mellor ocasión cando Amalia disparaba dúas veces case seguidas a queimarroupa pero a defensa e Eva impedían o gol.

Fisober respostaba cunha falta lanzada por Noelia que era detida en dous tempos pola porteira visitante. De cara os últimos minutos as visitantes deberon baixar o seu nivel de presión xa que cometían a quinta falta, co risco de dobre penalti que esto supuña. Un saque de esquina lanzado por Myrella non era finalizado por María por  centímetros. Sobrado creaba perigo a balón parado.


Estos últimos minutos Sobrado tentou por todos os seus medios o empate pero non foi quen ante as ordeadas xogadoras do Fisober e os puntos quedaron na casa, coa conseguinte ledicia das xogadoras  locais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario