martes, 5 de abril de 2011

Copa Xuvenil. Soneira - Muxía. 4-1.

Soneira: Víctor, Vicente, Marcos (Cachirulo, min.79), Pichón, César (Suso, min.70), Dani (Efraim, min.90), Fernando, Cristian (Rubén, min.88), Basti, Mayor, Cristian Figueroa (Ismael, min.55).

Muxía: Cristian, Fabián, Martín, José Manuel, Iván, Julián (Antonio, min.89), Pereira, Alberto (Felipe, min.88), Peski , Javi, Carlos.
Expulsións: Peski minuto 67 por dobre cartón amarelo, Javi no 77 por dobre cartón amarelo e Suso adestrador, todos eles do Muxía.


GOLES ; 0-1 minuto 8 Javi, 1-1 minuto 17 Fernando, 2-1 minuto 50 Basti, 3-1 minuto 85 Ismael, 4-1 minuto 90 Basti.

Unha eliminatoria que chegaba cun 4-3 favorable o Muxía da Arliña e que trancurría chea de emoción encargouse de sacarlle o final de infarto o colexiado o señor Marcos Ordóñez a instancia do seu árbitro asistente que é como se chaman ahora os xuices de liña. Cando despois dun salto entre Peski e o central soneirán César este sufriu un corte no beizo contra a cabeza do muxián pero o asistente extrañamente viu agresión e expulsou o visitante, cando ía a interesarse polo rival.

Así se acobou unha eliminatoria que xa cos da vila da Barca quentes a expulsión de Javi no minuto 78 por dobre amárela na zona onde se situaban os siareiros visitantes , fixo que os apupos que recibiu o árbitro tras esa decisión fixeran que parara o partido durante media hora a espera dunha forza pública que nunca chegou.

No puramente deportivo un corner lanzado por Pereira e cabeceado por Javi aumentaba a vantaxa dos visitantes na eliminatoria os 8 minutos de xogo. Os 14 minutos despois dunha xogada personal Carlos plantouse ante Víctor que parou o man a man e salvou probablemente a eliminatoria.

No seguinte minuto Mayor remataba un corner o longueiro e no 17 Fernando aproveitaba unha serie de rexeites para igualar o partido.
No 27 era o defensa muxián Martín sacaba baixo paus e no 31 o local Fernando tiña unha ocasión para adiantar os seus. Pero o filo do descanso Carlos tiña a opción de levar os visitantes en vantaxe de cara o descanso pero desaproveitaba.

Arrincaba a segunda metade e Basti en xogada personal cruzaba para facer o 2-1 e poñer por diante os de Vimianzo na eliminatoria.

O Muxía non se rendeu de feito serviu de acicate e encadeou ocasións por parte de Peski e Alberto no 58 e 60, un Alberto que voltou a desquiciar os soneiráns. No 62 o Soneira tiña unha ocasión para aumentar a vantaxe.

Pero todo mudou no 67 cando o colexiado expulsou a Peski e se cargou o partido ante o asombro de propios e extraños. No 77 era a expulsión de Javi e partido finiquitado. Como xa contamos 30 minutos na espera de solucións e o final parece ser que aceptou pitar si se colocaban na zona de siareiros do Muxía o presidente dos da Arliña e o colaborador local Mouzo , eso si como lle berraran moito que non saltaba, sobran as palabras de ser certo esto.


E aínda así o Muxía non se rendeu e tentouno a saída do parón con 9 e con Alberto o mando , pero un tiro lonxano de Ismael foi o 3-1  e no 90 Basti marcou xunto co pitido do árbitro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario