lunes, 18 de abril de 2011

Fisober B - A Salina. 2-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO – A SALINA . 2-O.

FISOBER “B” C. VIMIANZO : Eva, Ylenia, Lara, María e Myrella; tamén xogaron : Andrea e Noe.



A SALINA : Maruxa, Inés, Uxía, Carmen e Alicia; tamén xogaron : Leticia, Sandra e María.

ÁRBITROS : Jorge Varela e María J. Mallo.

GOLES : 1-O Andrea, 2-0 María.

Remataba a Liga o filial do Fisober na maña do sábado no Pavillón de Muxía tentando mellorar a imaxe do día anterior e de paso ca victoria asegurar o séptimo lugar na clasificación. E conseguiron lograr os dous obxetivos do día.

Partido perigoso ante un equipo visitante que lle gañara con solvencia na primeira volta as do filial do Fisober. Por eso saíron sin confianzas e buscando esa última victoria da tempada.

Pero quen tentou asustar primeiro foi o equipo de Esteiro quen cun tiro lonxano enviaba o balón o longueiro.
As locais tentaron responder ese primeiro aviso e decididas  a levar o peso do partido. Pero non conseguiron abrir o marcador ata que no minuto 14 Andrea de xogada personal poñía en vantaxe as do filial do Fisober.


As visitantes tentaban saír a contra e vaia se o fixeron nun par de ocasións  con moito perigo nesta primeira metade pero foron paradas pola porteira local Eva.

As do filial de Fisober tentaban aumentar vantaxe e asegurar o resultado pero non conseguían ese tranquilizador segundo gol. A opción máis clara para poñer ese  segundo gol foi un remate co calcaño  de Lara que in extremis  a punteira da porteira visitante Maruxa fixo que non entrase. Así chegabamos o fin desta primeira metade.

Na segunda o guión foi o mesmo as locais a tentar  aumentar o marcador e as visitantes na busca do empate o que fixo máis interesantes estes últimos 25 minutos da tempada.

Eva continuou   a ser infranqueable para as de Esteiro moi segura durante toda a maña a pesares de un par de moi boas ocasións visitantes. Pero Fisober non era quen de aumentar vantaxe. Nin María que parecía pelexada co gol xa que lanzou un balón o longueiro e o posterior rexeite tampouco lle quería entrar, nin  as súas compañeiras tampouco lograban o segundo gol.

Os últimos  15 minutos foron  máis intensos si cabe e con A Salina na busca do empate deixaba máis espazos para a contra das de Fisober e unha serie de xogadas entre Myrella e Noe , finalizadas indiferentemente por unha ou outra non acadaban o tan desexado  segundo gol, ou porque se ían fora por pouco ou polas intervencións de Maruxa.

Pero nos últimos minutos cando parecía que a emoción seguiría ata o último segundo, desta vez si María lograba o definitivo 2-0 e deixaba os 3 puntos e a victoria na casa e conseguían rematar séptimas no seu debut en Liga Provincial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario