lunes, 18 de abril de 2011

Fisober B - Femiordes. 1-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO – FEMIORDES. 1-1.

FISOBER “B” C. VIMIANZO : Eva, Ylenia, María, Andrea e Myrella, tamén xogaron Noelia e Noe.



FEMIORDES : Milagros, Lucía, Lorena, Adriana e Carmen, tamén xogaron : Alicia,Ana e Lucía Sánchez.

ÁRBITROS : Emilio Losada e Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 Noelia;  1-1 Alicia.

Partido aprazado na anterior xornada  disputado en Vimianzo na atípica hora do venres noite a petición do equipo visitante  e desta vez non foi como na  anterior contra o Sobrado e as locais do filial do Fisober  non foron quen de gañar.

Parecía que todo empezaba ben cando no primeiro minuto  a piques estaba de marcar a local Andrea. Pero foi un espellismo xa que o equipo local aínda que acumulou ocasións foron máis a causa de individualidades que do bo xogo. Eso si as visitantes non puxeron en apenas apuros a porteira local Eva.


Así os cinco minutos un tiro  de Ylenia acababa no  pau e no posterior rexeite María non conseguía inagurar o marcador. Transcurrían os minutos e a igualada non se desfacía.

As visitantes pechadas atrás e tentando algunha saída por parte de Lorena non inquedaban pero as locais tampouco eran capaces de incarlle o dente as de Ordes.

Mediada a primeira metade Noelia tentaba poñer as de Fisober por diante pero tampouco era capaz de batir a Milagros.

Tivo que ser no minuto 16 cando desta vez si Noelia marcara e puxera o 1-0 e as xogadoras locais en vantaxe.

Esto debía tranquilizar o xogo pero non ocorreu así, e aínda que Fisober domiñaba non creaba a piques perigo.

E todo empeorou cando a 3 minutos para finalizar a primeira metade na única ocasión de perigo visitante Alicia despois de levarse un rexeite poñía o que a postre foi o definitivo 1 a 1. Chegabase así o tempo de lecer.


O comenzo da segunda metade as locais propuxeronse lograr a victoria. Pero foi con máis corazón que cabeza. Segueron a dominar nesta segunda metade ante un equipo visitante que se atopaba cómodo defendendo dende o seu campo e tentando algún contrataque.

E nada cambiou xa que co paso dos minutos  as locais non vían ca maneira de desfacer a igualada e os folgos ían a menos. Ocasións para  Ylenia e Andrea pero non o lograban o gol que podería dar a victoria. Así ata o final que se chegou con 1 a 1 no electrónico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario