martes, 26 de abril de 2011

Copa Costa.Ida.Porteño - Muxía.1-1

PORTEÑO : Sacho, Manuel,Brais, Pejo,Oscar ( min 70 Yago) Quilmes,Currás( Rubén min 50), Piti( Roi 50), Cousillas( min 70 Iván), Yago.


MUXÍA : Ángel Luís, Dani, Chans, Chori, Ángel, Papi, Josiño, Albertiño ( min 89 Carliños ), Sancho ( min 82 Martinciño ), David, Dimas Leivinha.


GOLES : 0-1 Chori minuto 60, 1-1 Quilmes minuto 87.

O Muxía fixo un partido moi serio e apenas pasou apuros no encontro  de volta da primeira rolda de Copa da Costa deixando todo aberto para o partido que se disputara na Arliña en principio dentro de quince días.

Derbi de próximidade no que non se notou a diferenza de categoría, e que foi moi igualado como adoitan a ser este tipo de enfrontamentos, o igual que o cinco anos atrás no que a eliminatoria se decidiu na prórroga e o Muxía con oito pechando o Porteño no seu campo. Daquela fora un 2-2 na Ponte e un 3-3 con prórroga incluida na Arliña.


O Muxía entrou no campo moi decidido  e os tres minutos unha xogada por banda dereita cun centro perfecto, deixaba na cabeza de David a posibilidade de adiantar os seus pero cando se cantaba o gol o porteiro local Sacho atopabase o balón e David tampouco era quen de colar o rexeite.

O Porteño colleu medo e o partido pasou a ser de moito respecto, sin apenas ocasións para ningún dos equipos. Un xogo no que os visitantes se atopaban cómodos neste primeiro partido da eliminatoria.

No minuto 22 o Muxía reclamou un posible penalti sobre Albertiño que foi derribado no área.

O Porteño solo tentaba achegarse con balón en largo ou a balón parado pero tanto os centrais Ángel e Chori como o porteiro Ángel Luís non pasaban apuros neste tipo de balóns.

Con este resultado chegouse o tempo de lecer.

Na saída do segundo tempo parecía que os muxiáns lle poñían unha marcha máis o encontro tentando buscar o seu fútbol. Pero nun erro defensivo o local Yago a piques estivo de adiantar os da Ponte.

Pouco tardou en respostar o Muxía e nun saque de esquina botado por Chorí este conseguía o gol olímpico aínda que Dimas Leivinha cabeceaba dentro por si acaso.

O Muxía instintivamente deu un paso atrás e recuou sen darse conta, sin que os locais o obrigaran a elo.
Aínda así de novo nun saque de esquina desta vez dende o lado contrario Chans deixaba un balón para que Dimas Leivinha ou David definiran media eliminatoria pero dispararon o boneco contra o porteiro local e o rexeite tamén en vantaxe Papi non foi capaz de mandalo a rede.

Esta ocasión parece que espertou o Porteño que o filo do minuto 80 tivo unha gran ocasión que enviou a corner Ángel Luís. Que tamén desviou pouco despois un tiro dende a frontal.


Unha xogada a balón parado no 87 deixou un rexeite no borde da área que Quilmes mandou o pau e colouse na portería visitante igualando a eliminatoria.

O Muxía respostou cunha contra despois dun roubo de Dimás Leivinha que se dirixía en vantaxa hacía a portería contraria, con compañeiros a cada lado e foi derribado polo capitán local Manuel aínda que o árbitro non apreciou que fora  o último home e sacoulle cartón amárelo.

Así chegouse o final do partido cas taboas na eliminatoria e con todo por decidir para a volta na Arliña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario