miércoles, 20 de abril de 2011

Convocatoria da Selección da Costa Femenina.

O I Trofeo Concello de Vimianzo enfrontara ó Orzán SD de 2ª División contra unha Selección da Costa da Morte, o partido será o vindeiro venres 22 de abril ás 17:30 h no Campo Municipal de Vimianzo.


A 1ª Selección da Costa femenina de fútbol 11 será moi parecida a que lles remitimos a continuación, os organizadores intentaron abarcar toda a Costa polo que foron convocadas un total de 20 xogadoras desde Carnota ata Caión.
Porteiras: Paula Lema (Vimianzo), Eva Lema (Muxía).

Defensas: Rita Lema (Fisterra), Marta Otero (Caion), Sara Vázquez (Camelle), Elsa Souto (Sofán), Ylenia Rodríguez (Corcubión), María Pérez (Dumbria), Tamara Ramos (Vimianzo).

Medios: Nuria Paz (Muxía), Barca Toba (Muxía), Ana Mouzo (Vimianzo), Patri Romani (Muxía), Olalla Veres (Corme), Mirella Ventura (Ponteceso), Noelia García (Vimianzo), e Lara Gómez (Carballo).

Dianteiras: Alba Cambeiro (Carnota), Andrea Romero (Fisterra) e Andrea Sendón (Carnota).

O remate do partido entregaranse Trofeos ó 1º e 2º clasificado e un MVP á mellor xogadora do partido.

O xurado do MVP estará formado polos candidatos á Alcaldia de Vimianzo, Alejandro Rodríguez (Independientes por Vimianzo), Jose Antonio Miñones (PSOE), Manuel Antelo (BNG) e Carmen Borbujo (PP).

Nota de prensa da organización do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario