martes, 5 de abril de 2011

Muxía - Mazaricos . 2-4.

MUXÍA: Angel Luís, Josiño, David (Fran Gemelo, min.65), Sancho (Peski, min.50), Papi, Martinciño, Dani, Javi, Alberto (Oscar Canario, min.46), Iván Chans e Dimas Leivinha.

MAZARICOS: Juan, Tuco (Estéfano, min.25), Oscar, Casais, Brais, Rodri, Esteban (Coxo, min.70), Kevin, Aldo (Oreiro, min.65) e Jose Angel (Ferreiro, min.75)

Goles: 1-0, min.2: Dimas Leivinha; 2-0, min.13: Papi; 2-1, min.21: Kevin; 2-2, min.29: José Angel; 2-3, min.41: José Angel; 2-4, min.45: Oscar.
Partido co cal remataba a tempada en Terceira, nunha tarde prácida para a práctica do fútbol os locais querían despedirse da súa parroquía cun bo resultado e o Mazaricos buscaba a última carambola para o título, debía gañar e esperar o pinchazo do Nantón , algo que non ocorreu.
E case sen deixar colocar os siareiros Dimas Leivinha colleu un balón  a altura do banquillo visitante e vendo o porteiro adiantado conseguiu un auténtico golazo, minuto 2 e os locais con vantaxe no marcador.
Pero si bonito foi o primeiro non menos o foi o segundo, os trece minutos unha xogada por banda esquerda dos locais e despois dun rexeite o balón chegou a frontal a Papi que a enganchou perfecta e mandou o balón a escadra sin que nada poidera facer o porteiro visitante Juan. Parecía incrible case sen despeinarse 2-0 para o Muxía.

Pero non todo ía ser coser e cantar, así no minuto 21 Kevin colleu o rexeite dunha falta no borde da área e mandouna a base do pau ante o que nada poido facer Ángel Luís.
Tan pronto cobrou vantaxe o Muxía como se esfumou, xa que unha xogada por banda esquerda do Mazaricos unha serie de rexeites e o balón chegalle prácido para que José Ángel iguale o marcador.
No minuto 35 un saque de esquina íase o longueiro local. Pero na seguinte os 41 minutos un envio en longo tentouno cortar David pero con tan mala sorte que o balón lle quedou botando a José Ángel que lle marcou de vaselina o porteiro local.
Pero non acabara todo xa que un saque de esquina do local Chans convertise nun posible gol pantasma, do cal os xogadores locais reclamaron que entrara cando o porteiro Juan o sacou na súa estirada. Na xogada seguinte a contra visitante fixo intervir o meta local de forma espectacular. Pero no saque de esquina Oscar de cabeza poñía o 2 a 4 que resultou definitivo.
A segunda metade non tivo nada que ver ca primeira, o Muxía sufriu un evidente baixón físico e o dominio e as ocasións foron case por completo para os visitantes e solo a falta de acerto, o porteiro Ángel Luís e o pau impediron que a vantaxe fora maior para o Mazaricos.

Con este partido puxo fin a súa tempada o Muxía o cal solo lle quedara a Copa, ante a incertidume para a próxima campaña se alguén tomará as rendas do clube xa que Estanislao Romar acaba mandato e non ten pensado continuar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario