jueves, 7 de abril de 2011

Solteiras vs Casadas en Vimianzo.

Este domingo día 3 xogouse no Pavillón Municipal de Vimianzo un partido amigable de Solteiras fronte a Casadas coa intención de recadar fondos para excursión de fin de curso dos rapaces de 5º e 6º de primaria.

CASADAS : Maika, María Jose, Xiomara, Martina e Dolores; tamén xogaron : Vicky, Milagros, Marga , Susana, María e Isabel. Tiveron como adestrador a Manuel Soto “ Padrones “.

SOLTEIRAS : Fátima, Loly, Tamara, Adriana e Nuria; tamén xogaron : Alba, Cris, Alejandra, Eva e Laura. Tiveron como adestrador a Jorge Ferreiro “Jordi Pasarela”.


ÁRBITRO : Ana Mouzo. Moi boa actuación.


Nunha tarde moi agradable en Vimianzo, na que quizáis apetecía máis xogar o fútbol que o fútbol sala. Prometía o partido e a xente respondeu xa que a media hora do comenzo do partido xa estaban ateigadas as gradas do Municipal, polo cal a organización decidiu permitir que a xente se colocara tamén rodeando a pista do Pavillón para que todo aquel que quixese poidese disfrutar do encontro.
Solteiras


Despois dos saúdos e fotos de rigor dou comenzo o partido. Despois duns primeiros minutos de respecto as xogadoras do equipo das solteiras, foronse facendo co dominio do partido mercede a súa mellor forma física. As casadas moito máis intermitentes no seu xogo comandadas por Xiomara, que facía levantar os olés do Municipal debido a súa calidade individual, pero que non chegaban a bó porto ou por intervencións da porteira das solteiras Fátima ou pola súa defensa.

As solteiras que esperaban o seu rival no seu campo para saír a contra e buscando o dominio de balón como signo de identidade. E foi así cando no minuto 14 un roubo de balón propuxo unha xogada por banda dereita de Alba que levou con ela a dúas defensoras e cando parecía que non tiña saída batío de forte disparo a porteira das casadas Maika. Dende aquí ata o fin da primeira metade ocasións alternas pero sin demasiada claridade.

Na segunda metade as casadas decidiron ir a polo partido pero a seguridade e tranquilidade atrás das solteiras facía mella nas rivais que non eran quen de empatar. Xiomara seguía a levar a iniciativa en ataque das casadas. As ocasións escaseaban e o resultado continuaba igual.
O equipo das solteiras decidiu presionar para os últimos minutos e froito desa presión un roubo de Cris que lanzou era desviado por Maika o pau para que Nuria puxese o segundo gol de vantaxe para as solteiras( Nuria que lle adicou o gol a xogadora de Fisober Noelia).
Casadas

A 42 segundos do final o tempo parouse misteriosamente aínda que se continuou xogando, e así María poñía o 2 a 1 para as casadas. Así voltou a correr o electrónico e a 1 segundo para o fin voltou a pararse misteriosamente. Aínda que Xiomara marcou un gol que podería ser o empate desta vez xa non subíu o marcador, quedando a victoria para as solteiras por 2-1 a pesares do tempo extra para o disfrute do 
numeroso público.


En definitiva o importante foi a labor que fixeron os dous equipos para axudar a Excursión dos rapaces, nunha tarde de lecer en Vimianzo.

Información enviada por Jordi Pasarela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario