jueves, 7 de abril de 2011

Disque , disque, especial soldos Euroliga.

Na  noite de hoxe o Real Madrid xoga o partido quizáis máis importante dos últimos anos, xa que leva 15 anos sin chegar a unha Final Four e 19 sin gañala. Foi en Zaragoza con Sabonis o mando e Obradovic no banco. Con xogadores de moi diferentes niveles Arlauckas, Pepe Lasa, Antúnez, Santos, Pep Cargol, Biriukov que era o capitán pero non xogou nin un minuto na final, Antonio Martín  ou o ahora acompañante fiel do galácticos García Coll.

Atopamonos con un rumor que nos informa do soldo de algún xogador de Euroliga e que mellor día que hoxe para ofrecerla. Os soldos son en dólares algo habitual no baloncesto, xa que os americanos neganse a cobrar noutra moeda e os clubes xa se acostumaron a pagar a todo o mundo por igual.

Por exemplo no Real Madrid atopámonos que o soldo dos americanos e moi semellante, para Tucker 800.000 dólares e para D´or Fischer 850.000. Os dous quedalles un ano máis de contrato parece ser. Hoxe teñen unha boa noite para reivindicarse sobre todo Tucker non moi querido pola afección e como non pase o Real Madrid hoxe, un dos homes sobre o que van caer tódalas miradas.

Por exemplo no Regal Barcelona temos a Boniface Ndong na nada despreciable cifra de 1,6 millóns de dólares, Fran Vázquez en 1,8 non esta nada mal para o chantadino tampouco. A estrela blaugrana  Juan Carlos Navarro cobra uns 2,8 millóns de dólares. Algo significativo é que un dos últimos xogadores da rotación do Regal Barcelona o capitán Roger Grimau está nun soldo  similar o do madridista Clay Tucker, 750.000 dólares.

Ahora falaremos do soldo de algunha das peticións de Ettore Messina,  o que pedíu Siskauskas para vir o Real Madrid era prohibitivo para unha sección na que dende a zona nobre do Bernabeu non se confía moito. O escolta Langdon cobra por encima dos 2 millóns de dólares, ademáis dous xogadores moi veteranos que teríamos que xuntar cos tamén veteranos Prigioni e Garbajosa e xa sabemos os problemas de lesións que tivo o Real Madrid o ano anterior.

Algo a destacar é o soldo de McCaleb en Montepaschi Siena que foi un xogador que chegou libre alí cun soldo de 1.150.000 dólares, mentras o Real Madrid se decidiu polo canario Sergio Rodríguez a razón de 1,3 millóns de dólares e pensamos que cun contrato de catro anos, un erro a todas luces. Non falamos do soldo de Pargo en Maccabi que é de 300.000 dólares xa que era un xogador que andaba no círculo de influencia hebreo xa que foi fichado o equipo que lle gañou a Liga nacional os de Tel Aviv.

E para finalizar dous soldos máis o de Sato en Panathinaikos é de 1,9 millóns de dólares para o xogador este ano chegado de Siena. O pretendido por Panathinaikos e Real Madrid o xogador do Kimkhi ruso Langford está nos 800.000 aínda que sobre este surxe a dúbida de que renovou a alza nos últimos meses.

Esperemos que con estes datos teñan un pouco de claridade de por onde se moven os presupostos dos equipos. Eso si non creemos que o presuposto de Power E. Valencia sexa maior que o do Real Madrid e como diría o humilde Pepsimista Guardiola, non teño boas vibracións para esta noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario