miércoles, 8 de junio de 2022

La Quattordicesima.

 Pois por aquí andamos aínda a voltas co Covid para deixar unha palabras sobre a XIV, un novo sigue e suma para o Real Madrid.



Os madridistas da miña xeración temos nun pedestal a Sétima, posiblemente porque como era o caso dun servidor, pensamos que nunca chegaría a ansiada Copa de Europa despois de tanta mala noite da Quinta. Que si o Bayern, que si o Psv, que si aquel Milan intratabel. 

Pero chegou a 7ª de Pedja e os punteirolos de Karembeu no meu recordo. A 8ª de Parigi, a tixeira de Maca e a galopada de Rulo. A 9ª con Zizou e Casillas...

Despois dun impás chegou a tan ansiada Décima de Ramos e os árbores ardendo en Munich, para outra xeración foi a nosa 7ª e claro xa foi un non parar a 11ª con Zizou xa o mando, a 12ª ca nosa exhuberancia  vs Juve, con dobrete e amosando o pouco que sabemos aquí de fútbol pero sacando a bilis dos antis  e a 13ª do golazo de Bale.

Pero o percorrido da quattordicesima vai ser inesquecible vai perdurar no tempo. É a volta ao fútbol do pasado, das remontadas, dos amigos no bar, das celebracións.... o Real Madrid voltou para sacarnos do Covid e sempre recordaremos esta Champions. Ver a meu pai celebrando co meu sobriño nos videos sempre o terei no recordo. Voltar a ver os partidos cos amigos no bar e sobre todo disfrutar o momento.

Dende a cagada co Sheriff, ata dar noxo en Parigi, pero todo trocou ca banqueta de Alaba, aquel día vimos a luz e moitos con nos. Cremos que tíñamos un chance se nos deixaban. Gañar a Liga e para adiante con todo.

O máis bonito é que según os periolistos levamos 14 sen merecelas, por ciencia infusa posiblemente. Loitando con Luciferín, contra o Big 6, contra pozos de petroleo e gas natural. Vendendo xogadores aproveitables para cadrar as contas. Sen pedir ertes ao estado, e pedindo rebaixas ao xogadores, non aprazamentos coma outros e aquí seguimos.

Como dixo Don Santiago: " O Madrid é grande dende que gañou seguidos catro campionatos de España seguidos 1905-1908,  non estábamos nin Di Stéfano, nin eu. Despois diso díxose que nunca voltaría a ser o mesmo.....sempre se dixo o Madrid non voltará o que foi....Pero voltará a selo porque o Madrid é grande en si mesmo. Nin Bernabéu, nin Di Stéfano, nin nada o Madrid é grande en si mesmo."

Non teño moitas palabras, creo que os sentimentos e os diferentes videos dino todo, un paseo polas redes. Gustaríanos ter por aquí como disfrutou cada un esta Champions, unha definición dun estado de ánimo. 

Xa o dixo Karim: " Vamos facer unha cousa máxica que é ganar."

Pero dende xa pensamos en futuro. Non somos os mellores pero ganamos a todos. Pudemos perder, pois claro. Iso si é de idiotas pensar que tralo triunfo, non había unha estratexia e un plan de partido. Que temos uns xigantes competitivos e uns cracks mundiais no plantel, tamén. 

Porque o Madrid nunca fai nada ben. Sempre haberá xente disposta a criticar, co cal hai que ter o plan claro e seguilo. 

Ou o Madrid non sabe tratar as súas lendas, sobre todo as que non admiten o paso do tempo.

Deixalo todo na palabara sorte, é non entender nada. Hai que ter unha capacidade mental de outro mundo para superar tódalas situacións que superamos nesta Champions.

Hanno vinto la Champions, hanno celebrato il loro successo e ora giustamente chiedono chiarezza e spiegazioni per quanto avvenuto a Parigi. Domande sensate e ponderate all’UEFA. Il Real Madrid.

Sempre me gusta rematar con Jabois:

Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

“ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”

Anteriormente:

A carta de Flo. 

Retratadiños. 

Despedidas . 

Sapoconcho . 

Disfrutar o momento. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario