martes, 21 de junio de 2022

Vivir o momento.

 O domingo todo parece indicar que as 18:30 horas o Muxía xogará a semifinal de Copa da Costa fronte ao Fisterra e non queda outra que vivir o momento. Aquí o que escribe aínda non sabe se as obligacións laborais o deixarán ir a Arliña, por eso insto a todos os "muxiáns" que podan vaian por favor.

Muxía-Fisterra B. Tempada 12-13.


Sinceramente cando vimos o cadro da Copa e sabíamos do estado de forma do Muxía pensamos que tiñan que aproveitar a ocasión para chegar a semis e despois que o balón puxera a cada un no seu lugar.

Un servidor non recorda nunca que o Muxía chegará tan lonxe en Copa, iso si sabemos que a historia conta que na tempada 65/66 xogouse  a mítica final de Copa fronte ao Xallas que despois dun 0-0 e un 1-1 chegou a un partido de desempate no que contan os vellos muxiáns que o árbitro se cansou de anular goles os da Vila da Barca, entrando na lenda urbana as razóns. O partido rematou con 2-1 a prol dos xalleiros e a Copa voiou. Un Xallas por certo que  comezou daquela unha tiranía na que xogou catro finais seguidas e gañou tres, isto igual sabeo menos xente.

Por esta razón a un sempre lle fixo ilusión que o Muxía fixera un bo papel en Copa, coma o que fixo este ano. 

Dito esto o que espero é que a xente de Muxía que poida se desprace a Arliña o domingo a vivir un partido que fai moito tempo que non se da. A disfrutalo, sin pensar no resultado, tan solo a apoiar ao equipo e a dalo todo. 

A dar importancia a todxs aquelxs que non deixaron morrer o club, nos peores momentos, pasando como pasaron ata desgrazas que non queremos que se volvan a repetir. A todos aqueles que se mollaron todos estes anos, que foron a ver calquer partido por insignificante que parecera, cando tan solo había dez ou vinte persoas no campo. Todos aqueles directivos e xogadores que deron todo cando ninguén quería coller o club, por todos eses é este partido.  Disfrutar do fútbol en familia e cos nosos e apoiando aos nosos.



Chega o Fisterra un equipo de Preferente, que xogou a fase de ascenso e que a tempada pasada estaba en Terceira División, case nada ao aparato. Por esa razón a xente non ten que volverse tola, as categorías están para algo. Sabemos  a ciencia certa que o equipo estará moi ilusionado e terá moitas gañas de facelo o mellor posible. Sabemos que a veces os imposibles pasan, pero como siareiros temos que ser conscientes de animalos pase o que pase, de disfrutar con eles da tarde.

A bo seguro que os nervos comenos toda a semana porque non queren defraudar ao pobo, pero que sepan dende xa que non van a defraudar, todo o que veña benvido sexa. Tampouco sei como estarán os tres fisterráns que xogan nas nosas filas Joselu, Edu e Rui, ademais de Abel que non puido xogar a Copa. Ou do adestrador tamén fisterrán, partido especial para eles, seguro que van ten que aguantar vaciles toda a semana.



Seguro que se venderá a retórica do partido do Fin do Camiño, pero para eso é mellor ler a Xosé Antón Castro e deixarse de pamplinas.

O dito enchamos a Arliña de vermello e fagamos que sexa un día especial para todos. Partido de gañar adeptos ao Muxía.  E se gañamos moito mellor.

 " Borrar os elementos que canalizan esta relación e borrar a historia e a vida deste lugar..........Non nos gustaría ver un pobo sen as súas referencias que o vinculan coa historia que marcou o seu xeito de vida. Queremos un pobo vivo. Ir eliminando elementos referenciais é ir matando vida, pechando o futuro."


Fe de erratas: Pois dinme por liña interna que no 87 xogamos semis co Camariñas. Non me acordaba. Gracias aos que nos leen.


ANTERIORMENTE:

Tarde de Arliña.

Marea safada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario