viernes, 6 de mayo de 2022

Disfrutar o momento.

 Pois o equipo do Carlo voltouno a facer, fíxonos disfrutar do momento, cando parecía todo perdido, sacounos o sorriso e acadou que fósemos inmensamente felices outra vez. Por iso el é o mister do Real Madrid e nos pintamos a mona por aquí.



Como dixen moitas veces o equipo non estaba para grandes xestas europeas na opinión de un servidor pero o Carlo quere levarnos a contraria unha e outra vez así que non vamos a contradecilo.

Sinceramente o mércores por unha vez estaba de acordo co plantexamento, gustábame o once na busca de chegar vivos ao minuto 70, levabao dicindo toda a semana, ter a chavalada preparada para o momento final no que tocaría ariscar e a ver o que pasaba. Bueno quizais un non tiraría de Asensio ou si iso xa non o podemos asegurar. Non fixemos mal partido e o arranque da segunda metade foi certamente interesante.

E máis ou menos cumpríase o guión, cun gol por debaixo todo parecía perdido porque o gol non chegaba e o equipo parecía ter os peores momentos, algo que comentaba nun grupo de "guasap" o día que máis me gustou como o montou o mister palmamos. 

Pero cando Grealish non foi quen de anotar as dúas grandes ocasións, comenteille os que estaban a ver o partido conmigo, que íamos a ter unha oportunidade para entrar no partido, que aquelo me recordara ao día do Dormund que despois de ter os alemáns a sentencia varias veces ante Diego López, marcamos dous goles e aínda o asustamos. Dixen que íamos ter unha oportunidade, non que pasara tal cousa, incluso superou as miñas previsións.

Apareceu Rodrygo e casi os tumbamos en tres minutos cun hattrick del, que xa sería a repera. O resto xa é historia do fútbol.

Algo que comentábamos tamén é si agora van a encasillar a Rodry e Cama coma alborotadores de partidos ou teñen recorrido na titularidade, aquí somos dos que opinan que son importantes para ser titulares pero o tempo dirá. Xogadores con carácter  Real Madrid, sen medo, directos e dos que rompen liñas en conducción coma Fede ou Vini.

Faime moita gracia que todo o leven ao terreo da sorte para nos, cando Bakero ou Andrés obraron o miragre, era xusticia poética, manda truco.

Non todo é táctica amigos, a xestión emocional e sicolóxica está por enriba de todo. E radica, no factor individual que se ve multiplicado ou dividido no factor colectivo que che rodea. Xogadores que cagan por eles como se di por aquí ou que che levan do brazo para diante.

Vamos a ver,  ves de dúas remontadas  antolóxicas, o público cre, porque foi a esperarche as portas do Estadio e as rúas da contorna solo para facerche crer. Ademais xusto cando marcou o City dende a pantalla deu a sensación de ser cando máis apretou o Bernabéu. Unha xente que ven de dous anos de pandemia e ten máis que nunca gañas de ser feliz, de vivir cousas, de disfrutar o momento.

Unha xente que está a vivir no 2022 o que viviron os dos 80, aquelas míticas remontadas que lles contaban e que agora contarán eles. As remontadas que crean madridismo e madridistas por todo o mundo. Non hai mellor cousa para matar o relato que nos venden a diario.

Pero tamén é o, miro aos meus compañeiros e vou para adiante e vou con todo. E polo outro lado os que dubidan e a dúbida da un tempo e un espazo aos rivais  que van chegar sen prevelo antes. A complexidade do xogo e da persoa. No fútbol non hai un tempo morto para parar a tromba que che vai caer.

Como di estopper : As eliminatorias de Champions son a reducción do fútbol a súa esencia máis pura, esa que o fai tan confuso: non importa tanto a continuidade no dominio como o danino que sexa cando é teu e o grado de vulnerabilidade que un teña cando este sexa para o rival. É o que lle está a costar aos equipos de Pep dende que saiu de Barcelona.

Non sei que dirán os que defenden tanto a Pep e a vez din que a Champions solo son sete partidos e por iso as gañou Zizou, por un dos dous lados caese o argumento. Sempre dixen que calquer circunstancia por mínima que sexa  che chimpa de Europa por iso é tan difícil gañar a Champions. Que Pep é un entrenadorazo ollo, pero milongas as xustas, que onte andaban bastante máis tristes os seus seguidores que cando caeu o Barsa da Shempions, manda truco como o veneran e como falan e venden o tema da sorte, as individualidades......, pois claro moitos factores como dixemos.

Despois de cargarnos aos clubs "invents" cheos de diñeiro exterior  dos últimos anos, tócanos bailar con outro grande e histórico o Liverpool do desexado Klopo, rock and roll enfrente vamos a ter,  o tango final para facer maxia ou quedarnos as portas o incrible. O último equipo que nos gañou unha final de Champions e na mesma cidade, o máis difícil todavía.

Como di a lenda do poker Amarelo Slim, pódese esquilar unha ovella toda a vida, pero despellexala solo unha vez, fáltanos o Liverpool para despellexar Europa e rematar o máis grande das epopeias xamais escritas e darlle a Lukita e Marcelo a despedida que merecen.

Porque si, voltaron os partidos ca xente no bar, o disfrutar desas outras cousas da vida, cos amigos, cos curmáns, cos compañeiros, ca caña, a auga ou o viño, o subidón, todo iso que a xente necesita para saír destes tempos escuros que estamos a vivir, iso deunolo o Madrid estes meses. Facía moito tempo que non vivía o fútbol desta maneira e canto o necesitaba, o Madrid e a Arliña a veces dan a vida. Recordando vellos tempos e recordando a xente que por desgracia xa non está pero que sempre estará. Ata o 28 vamos estar na nube, bueno os que nos gusta o basket igual solo ata o 19 pero é o que toca.

Por certo o partido será na 1 de tve, en aberto, bo día para crear madridismo 

Sempre voltamos a Jabois:

Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

“ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”

ANTERIORMENTE:

Pegasus . 

Our chair. 

Non sabemos. 

Jabois outra vez. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario