miércoles, 8 de junio de 2022

Luigi Today. Entrevista a Flo.

 Pois un dos efectos do Covid foi ter febre e unha das consecuencias foi unha entrevista exclusiva con Flo. Das cousas máis tolas que pasaron pola cabeza dun, ou non, jajaja. Calquer parecido ca realidade é pura coincidencia. Preguntas ao tolo e sen orde ningún, cun Flo que aparece de incognito.




LT: Como aceptou a nosa chamada para esta entrevista?

Vamos a ver, vin que Barca Toba aparecía no blog e non vou facelo eu. Un blog para o madridismo en galego ten que contar co seu presidente, que levamos 14 meu, e xa non sei cantas son miñas, son un ser superior. Cántame o himno ou algo.

LT: A nova destes días está a ser o tema de Tchouameni, que nos conta?

Primeiro de todo a Chumi como lle chamo eu, leva Juni seguindo dende fai tempo. Por certo outra recomendación do Chamán, si el o di bo é seguro. O que pasa é que andas os do petroleo a subir o prezo e por suposto nos temos un tope o que podemos chegar e xa llo dixemos aos do principado. 

Pero de todas formas estámolo a pasar ben co tema, xa volven a falar de hospitais e de cousas varias. Vese que a teñen moi adentro ca quattordicesima.

Non vamos a pagar 100 kilos por el, pero por certo recordo que outros pagaron 70 kilos polo 70% do pase dun medio que era a verdadeira estrela do equipo do principado según un mítico periolisto. Pero claro nos non o podemos entender, tampouco entendemos os 127 polo portugués voador.

Pero de todas formas, amortizarémolo, ou non me coñecen, si amorticei a Kaká e vou amortizar a Hazard, si chega ao prezo que sexa, será amortizado, aquí priorizamos as contas, non enganamos a xente, non somos trileros.

Si ao final o fichamos mal porque o vamos a sobrepagar. Se non o fichamos mal, porque no lo quitou o sapoconcho. Nos sempre mal.

Como as champions que as gañamos sen grandeza, o que temos que aguantar da prensa patria, que eu controlo por certo, en fin.

E a renovación de Lukita?

Esa é das que me gusta a min. Cousa de tres minutos, pim, pam e listo ata outro ano. Ti coñeces o representante de Lukita? Pois con iso digocho todo. O Madrid sabe tratar as súas lendas. Pero elas teñen que saber recoñecer o paso do tempo. Eu tampouco son o chaval que chegou a presidencia no seu día.

Que opina das contas do Barsa?

Cando se fala de aumentar ingresos para cadrar contas no Barça, nunca se fai do obvio, ingresos por traspasos. Solo Llorente, Regui, Hakimi e Varane foron 180 kilos se non recordo mal, un bo ingreso con 0 de amortización pendente. 

Xa me gustaría a min traspasar a Hazard, Bale, Isco, Marcelo, Mariano, Jovic ou Odriozola pero non os quería nin o tato e o diñeiro dábano por outros. Intentar superar situacións críticas sen tomar decisións dolorosas é un pouco infantil e lévate a quebra pero Jan é moi listo e saberá.

O problema é que agora os indes non teñen un peso e non poden axudalo, pero xa se amañarán.

E senón xa estou a ver como están a colar o tema da SA, en prensa e con insiders en redes. Non obviedes iso, está ao caer, rematarán sendo unha SA ou en mans de GS que son os que lle están prestando todo, ou estes o venderán a algún ricochet.

Unha empresa que ten un patrimonio neto negativo dese nivel ou fai o que debe, que non é precisamente fuxir cara diante, ou está abocada a desaparición como a coñecemos, xeque ou SA mediante. Pero ninguén llo quere dicir, tiran para adiante e venden periódicos, a ver que pasa.

O outro día lía que teñen en salarios o dobre de masa ca nos, e xa non teñen ao que lles chupaba todo, non hai máis preguntas señoría. Pero si les a prensa van a fichar máis xente ca nos, pois non sei como van facer sinceramente, pero o truco é que traen xente, o día que levanten a alfombra ven o edifico abaixo.

Logo nos sacan unha palanca econòmica da nada e listo, son os números un do Relato.

Vender a Pedri ou Gavi arranxaría moitas cousas, pero claro prefiren vender a Umtiti, obvio, o problema é que non é tan fácil. A campañiña para colocar o holandés non se nota nin nada, ese si que ten un posible comprador e prezo e para o medio teñen a eses chavales que son bos. Pena de tanto frio aquel día.

Tamén sei que o importante e soltar nomes, porque a xente gústalles que os mintas, que te rías deles pero que lles des a súa droguiña en forma de nomes e máis nomes.

Sorprendeme o de Lewan que si parece que quere ir, un rapaz que é máis madridista ca min, pero un pouco pesetero. Cando lle tirei a caña un día, cun servilleta estilo Zizou, dixome fala co meu representante, xa vin que non me valía e claro agora está doido porque non o quero e busca chinchar. Por certo que non acabe no Chelsea, he dicho.

Mira os equipos filtramos de forma interesada, pero os representantes e os xogadores tamén. Nos por exemplo vimos da maior ostia mediática da miña historia. Pero é que estaba moi cachondo. A veces hai que ir de tapado como con Cama e outras gusta facerse o interesante o malo e si a pifias. 

E dos que chaman ao Madrid un equipo estado?

É moi sinxelo, hai dúas opcións, creo de verdade co cal non hai nada que facer por esa persoa máis ca darlle moito cariño e rezar por ela. Ou que aínda non dixerío a 14ª.

Dame a risa, como dixen antes tiven que vender xogadores importantes para poder fichar. Pactamos cos xogadores rebaixa do soldo, non aprazamentos para sobrevivir ao Covid, non sei canto fai que non me pego un capricho e véñenme con estas merdas. Fodéronme ben co sapoconcho, ca ilusión que me facía. Vou vello sabes, non me podes dar estos disgustos. Eu son de fichar estrelas, ter as contas saneadas e cubertas retráctiles, meus títulos son no verán. Bueno levar a Copa de Europa a vitrina tamén me mola, pero as ligas e supercopas son cousiñas.

Nos si pagamos 60 kilos temos que facer números, outros abren un grifo de petroleo e xa teñen para un central.

Pero bueno nos si pagamos algo é despois de facer moitas contas, non temos a calquera en contabilidade, por iso non traemos nin 1% do que queremos.

Que opina de Hazard?

O gran erro do chamán, xa lle dixen que non se poden pagar esos prezos por un home de 29 anos, pero como non lle concedía nada e o chaval era dos mellores pois algo de ilusión fíxome, pero mima, vaia pufo nos colou. É bo rapaz, todo amor pero non se coida unha merda, come hamburguesas a full, chegou a pretempada con máis kilos ca un youtuber. 

Pero dixo na celebración que o próximo ía ser seu ano?

Tamén teño eu un sobriño-neto que lle di ao meu irmán que vai aprobar todo a próxima, que vai estudar moito e todo iso. Pero ve un cubata e tírase a el, pero estudar non estuda máis ca os dous primeiros días, iso espero del.

Que pasa co pasaporte dos brasileiros?

Nada macho, que para controlar todo o pais, pois non me fan nin caso. O central ese da sele dérenllo en dous días e aquí nos seguimos esperando. Pero vende máis que controlo as bolas quentes, as institucións..... si pudera falar, nin os audios dos outros dous, a min os que me sacaron nin para as risas deu. Por certo quen controla a prensa que saca os audios? Quen paga boa parte da prensa nacional? Porque nos atacan tanto? Branco e nunha botelliña.

Sinceramente o pais ten falta de funcionarios, non sei cantos expedientes hai pendentes disque, a cuestión é cales. Tamén queríamos a Lorenzo Brown para o basket e tampouco lle dan os papeis disque, para nos nin auga.

E o fichaxe do Carlo?

Amigacho, vaia safada. Nin o planteamos, e da outra vez chimpámolo porque os xogadores mandaban máis ca el. Falamos con Conte, Poche, Allegri e todo o que se movía, pero un día chamoume e como non tiña outro e ven baratiño dixen para diante que total se vai mal poñolle a culpa a JAS ou a calquera e listo.

E vai e saime que nin pintado, o vello fixo xenial, nin o Pep puido con el.  A ver para o ano que hai mundial e igual somos un desastre. Sempre recordo o post ano dos records de Mou, ou o post dobrete de Zizou que foron desastres. Hai que recoñecer que Pintus e Llopis son un puntazo.

Rudi e o Chumi ou máis fichaxes?

Teño que facer algo gordo, porque o do sapoconcho matoume, pero claro para iso temos que vender, poñérsenos algo a tiro e Chumi non irsenos de prezo si o dou traido. Senón digo que Chumi é o crack e listo. Para arriba hai xente mellor ca Mayoral e Mariano no mercado, obviamente, a cuestión é o prezo e o soldo. Senón traio a ninguén tamén podo dicir que o noruego en 2 anos, que xa o temos vinculado e o sapoconcho en 3, para filtrar son o number one. Vaia cagada cos dous, rapaz.

Pero igual hai venda das que doen, non o descartes.

Por certo o Rudi está tolo de todo, vai gustar no Bernabéu, tamén vai montar algunha gorda. Pero bueno esas desvían atención e a xente non mira ao palco que é o importante.

O plantel e mellorable e Cama chegou o último día porque o sapoconcho non deu chegado, non me subestimes.


Dos periodistas que opina?

Pois debemos ser o club máis grande do mundo e temos seguíndomos a unha corte de antis que nin para que. O mellor é que a xente pensa que son madridistas e todo. O meu supercolega que ten ao fillo no equipo de the producer e non para de facerlle a pelota ao mister  do pelo de turkey e vai dando leccións. 

E despois pensan que nos importa que os xogadores non vaian ca sele española, nesa  preferimos nestes momentos que non vaian. É un viveiro de antis e así témolos descansadiños. Porque pensades que está Karim coma unha moto, porque non foi con Francia, meu.

Porque todos os xogadores do Barça tiveron antes unha oferta do Madrid que rexeitaron?

Moi fácil, hai unha cláusula nos seus contratos que lles da unha prima se o din ao menos en tres entrevistas ao ano, deben dicir tamén que cobrarían máis no Madrid,  e claro, la pela es la pela.

E dos que criticamos a política de comunicación do club?

A min con tal de que non me salpique a min, o resto búfama. Total tan mal non nos vai e o Buitre e bo rapaz e despois podedes facer memes con el. Non vos queixedes que eu non puxen unha pancarta ao lado do campo do rival e vai e fai a tempada case perfecta. Non entendedes de contragafe e kharma.

Do feminino que dicimos?

Teño que atopar alguén que mo leve ben, porque a que teño sin eu saber moito, estou vendo que é un desastre. Sofía, Kosovare e Cardona out, a quen se lle ocorre, si fai dous anos eran as mellores con diferencia. Ten un contrato brindado, teño que atopar un resquicio legal.

E do basket?

Primeiro de todo un abrazo a Laso, que xa está moito mellor.

4 finais de 4, con outro ano de praga de lesións. Pero de momento tan solo gañamos unha. E por encima van uns cuantos de festa pre partido, mandei ao Buitre a falar con eles e darlles unha charla de catro horas para que non se lles ocurra facelo outra vez. Pero Laso non foi tan comprensivo.

Doime a marcha de Carroll, anda cas vacas e podía estar xogando aquí aínda. Con el algunha final gañábamos, pero a súa muller é moi brava e xa fai anos que quería ir para a granxa. Non puiden convencelo máis, de feito aínda non lle retirara a oferta de renovación e coma un fillo para min.


Bueno chaval, desperta xa que eu non estou aquí é todo túa mente, pero vaia risas eh, e sin cubatas, jajaja.

En ningún momento dixemos que Flo era, tamén estivo Michael Jackson con Burt un capítulo a full.







No hay comentarios:

Publicar un comentario