martes, 10 de junio de 2014

Chámalle X !

Unha vez rematada a Final de Lisboa un amigo meu trataba de menosprezar  a vitoria do Real Madrid unha e outra vez, un servidor sempre achaba a resposta as súas críticas   ata que chegou un punto rendido ante a evidencia e como última saída pronunciou “chámalle X” , nunca mellor dito xa que X ( dez en romano para os neófitos ), deixoume o título perfecto para calalo e hoxe para  falar da conquista da Décima cuns días de distancia onde todo se ve con outro prisma.


Teño e debo pedirlle desculpas a Carlo, durante toda tempada fun moi crítico con el, pero logrou o que outros moitos quixeron e non acadaron, traer a ansiada Copa de Europa de volta a súa casa, ó  Bernabéu.

A marcha de Özil fastidioume e moito e iso que traía o meu xogador fetiche Gareth Bale, ademais levábame a furia  xa que pensei que se ían cargar a Xabi Alonso tamén. Con perspectiva días despois vía clara a presunta posición do adestrador. Quedo con Coentrao e Di María e cubro o lateral esquerdo e os interiores.  O  que seguía sen entender  era o pouco que rotaba o equipo. A miña teoría de sempre de Marzo para adiante tes que ter o maior número de xogadores implicados e cunha forma razoable, e o menor número posible de xogadores queimados.

E constatado queda cando os homes da Final foron ademais de Ramos, o propio Di María e Isco dous xogadores cos que poucos contaban para os grandes momentos.

Pero non quero que sexa un análise deportivo senón de significados. A conquista da Décima certamente foi unha liberación, coma no seu día foi a “Sétima” , naquelas datas vin no bar dun coñecido un titular que me quedou tatuado para sempre “ O Real Madrid sempre volve”, certo verdade ?

Xa  cansado de aturar os inventores do fútbol , si eses que me paraban o día despois de que ganaran algo radiantes, ou que preguntaban con sorna  como estaba meu pai ( gran madridista por certo ) .

Cal será a razón pola cal xa non me paran agora, sigo esperando, debín de volverme invisible xa que non me explico. A vostedes tamén lles pasou verdade ?  Fálase  que os médicos a diagnosticaron co nome de invisibilidade temporal de Lisboa, ou iso escoitei. Eu persoalmente é a cuarta que disfruto, por si alguén non o sabe.

Que nos cargáramos e de que maneira cun equipo de atletas o seu querido druida e futurólogo que anda por terras bávaras foi o arranque da misteriosa enfermidade, mellor dito debeu ser cando lle saltaron os pistóns e os isquios din  a un dos exemplos do seu canteira vs carteira, non sigo que me cego eu tamén, cazar mitos chámase.

Un servidor ten as súas ideas pero respeta a dos demais, iso si quero que respeten  as miñas tamén. Non refuso unha boa conversa sobre fútbol ou do que sexa. Non son perfecto nin moito menos, i equivoqueime, equivócome e equivocareime  moitas veces, nada máis hai que ver as críticas a Carlo e como me calou a boca, jeje.  

No fútbol  o igual que na vida tento ser honesto, seguir unha liña, non andar dando tombos segundo me conveña, mediocre pero honesto. Cambiar de pensamento sen motivo aparente non é o meu. Esas persoas que endeusan a xente sen motivo aparente e tamén sen motivo aparente as baixan os infernos.

Como dixo Callejón no seu día : “ Ni los buenos son tan buenos, ni los malos son tan malos”.

Non me caen os aneis si teño que desculparme de calquera si considero que ten razón, pero non podo loitar contra esa xente que non entra en razón e solo ve unha forma única de fútbol falar contra paredes non por favor, o tempo pon a cada un no seu sitio, así é o fútbol  , cuestión de momentos e de saber aproveitalos.

Eses que non recordan :  Ano 2009 en 3 ocasións pasou esto ( os inventores do fútbol ) , nas 3 o Barça dominou en todo momento o partido sin deixar pasar o seu rival do medio campo e recibindo uns arbitraxes lamentables en contra:

Semi de Champions : Chelsea vs F.C.Barcelona. Minuto 93 gol de Iniesta para o 1-1 que foi definitivo.

Final Supercup : F.C. Barcelona vs Shaktar . Minuto 115 ( prórroga )gol de Pedro para o 1-0 que foi definitivo.

Final Mundialito : F.C. Barcelona vs Estudiantes. Minuto 89 gol de Pedro para o 1-1 e minuto 110 ( prórroga )gol de Messi para o 2-1 que foi definitivo.

Para rematar , a  bo seguro para a maioría dos madridistas a Décima  tivo un significado especial por moitas outras razóns, esas razóns sentimentais/persoais  que son patrimonio de cada un e polas que quedará marcada nos nosos corazóns para sempre. E gañar sufrindo mola máis que queredes que vos diga.

Hala Madrid y nada más !




No hay comentarios:

Publicar un comentario