lunes, 20 de junio de 2022

O Lolaso voltouno a facer.

 Pois o Lolaso voltouno a facer e xa non sei cantas veces van, non sabe xa que facer para deixar quedar mal unha e outra vez. Cando aquí non dábamos un peso por el, cando parecía todo perdido, despois da peor xeira de derrotas da súa historia no Real Madrid, recompuxose e limpioulle a liga ao Barça.



Quizais o punto de inflexión foi a eliminación do Barça na FF, unha pena quedamos a nada a un puntiño  de facer o triplete que fixo o fútbol. Outros din que o punto de inflexión foi unha churrascada na casa de Rudy e con Llull coma protagonista, outros que o ir reducindo rotación Lolaso enderezou  e outros que foi o chimpar aos festeiros.

Fora como fose o que si é certo é que este grupo ten unhas bolas moi grande e a pesares das lesións e das dificultades. Apretando cada vez máis atrás e sendo duros melloramos como sempre dicimos en basket hai que apretar o cuiño en defensa e xa tes moito gañado.

Tamén hai que recoñecer o gran traballo do corpo técnico do Lolaso, os Mateo, Redondo .... fixérono moi ben cada vez que faltou Laso, incluso mellor ca el.

Nada temos que seguir hateando a Lolaso e Carletto para que todo vaia ben, contragafe total.

Importante e non menos estudiable a preparación física e sicolóxica, hai que chegar ben aos momentos chave e no sicolóxico as semis da FF foron un alivio para o Madrid e unha lousa para o Barça. Recordou a nosa caída despois da FF de Milán, pasoulles algo parecido a eles.

O mellor é como o deporte está cheo de vasos comunicantes, pinta que hai marexada no Barça e que moitos están ata as pelotas de Saras, entran as dúbidas e un proxecto feito para dominar, de momento quedouse curto e dilapidou moito carto a ver que pasa, parece que van pola conexión checa. Dos dous que nos mandaron para aquí Hanga foi chave e o francés foi un cabalo de Troia que nos espabilou ca súa festa, quen sabe.

O Madrid parece que vai tirar polo Chacho e balcánicos rebotados para rexuvenecer, temos o fin dos xerarcas cada vez máis preto pero están ensinando ben aos que quedan. A ver quen sae e quen se queda finalmente. Mira que aquí somos moi de Fabien pero merece renovar máis el ou Jeff, o que está ben dous meses ou o que defende coma un tolo moitos, pois igual  ningún e renovar neses postos. Xa que Rudy e Llull son cupos e xente de Flo, os homes que posiblemente cambiaron a historia con Lolaso.

Viuse tamén a volta da cercanía entre o público e o equipo, unha comunión que parecía perdida e que voltou estes últimos partidos.

Pero non debemos esquencer que cometemos moitos erros nestes meses, algún conscientes, sempre digo que o Lolaso non ensina cartas en partidos intrascendentes e outras por mala xestión de xogadores. a veces hai que cambiar roles ou xogadas e apostar polos que mellor están. A veces igual merece máis o berro o veterano que o chaval. Non sei non son o adestrador. Pero non basemos todo no resultado final e aprendamos das derrotas como ben dixo Edy, que as derrotas lles ensinaran moito.

Pero sobre todo esta final foi a das gañas dos xogadores, víanse moi picados, con forza de demostrar cousas, con gañas de devolver en forma de título as pantomimas que viviron noutros enfrontamentos contra ese rival, comeron o campo e cada balón.

Non rendirse nunca, loitar ata o final, saber sufrir e non deixar de traballar e aquelo que nos distingue do resto, gañar máis ca ninguén.

Larga vida ao Lolaso, larga vida ao carriño do peixe. Larga vida ao noso hateo.

ANTERIORMENTE:

Saras vs Lolaso.

Crise no basket. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario