sábado, 30 de abril de 2022

Search Me: toca outra vez Jabois.

 O gran M. Jabois voltouno a facer, o home do Madrid é gañar en primaveira e do Hala Madrid e nada máis, chega co Madrid é un incendio vivo. Gracias a Manuel Matamoros temos estas frases. 

"Ancelotti é un home que entendeu a filosofía do Madrid; ao Bernabéu vense como a vida, a pasalo ben, a ser xoven por segunda vez, a botarse unhas risas cos antis, a marcar goles no desconto e a gañalo todo. " .........

Cando marcou Rodrygo o primeiro de seus dous goles, prodixios dun estilete limpo e venenoso que nunca xogou no Madrid na súa posición natural, Luka Modric foi a buscar a Marcelo e os dous se quedaron abrazados, baixiños i encantadores celebrando a Liga na primera parte......

O abrazo de Modric e Marcelo no campo é o abrazo no bar cando se encenden as luces .... E así nese ambiente de exclusividade, compartido por millóns de persoas, pero coa sensación de que solo se pecha o bar para ti, o Madrid aplastou a Liga. Con público nos estadios, sen mascarillas, morreando con descoñecidos, cando voltou a vida, o Real aínda seguía alí............ un Espanyol brandísimo, con catro soplidos, un deles de Karim. O dianteiro que solo xogaba para os que sabían de fútbol, acadou o miragre que todos sepan de fútbol ou o finxan por respeto a un xogador que tivo con eles a paciencia que non tiveron con el...........

.........o Madrid xógase de novo todo o mércores. É probable que si se perde, comencen os augurios escuros, os asubíos, as listas negras, vivir non merece a pena. Por iso o Madrid é tan divertido, por iso non é un club, nin máis ca un club, é unha experiencia que hai que vivir aínda que non che guste o fútbol, unha vez na vida. Por iso tamén dixo Van Palomain, que ao Madrid hai que vir adestralo solteiro. Vivindo sempre, como dixo Gistau, " no arrebato épico duns minutos finais incendiados", que pensaba que definía o Madrid pero definía unha maneira de entendelo todo."


Anteriormente :

Jabois en tecnoloxía.

Jabois . 

A liga do Covid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario