martes, 24 de mayo de 2022

Sapoconcho.

 Na semana na que debíamos estar a falar da final de Champions seguimos a voltas co tema do sapoconcho. Alá vamos.



Levamos meses pensando que íamos xuntar a Karim, Vini, Haaland, Mbappé e Rodry, pensando como os íamos colocar, que tiñamos dianteira para dez anos e todo era mentira, nin vinculantismo, nin nada parecido. Realmente necesitamos máis ca nunca gañar a Champions para tapar moitos erros. Como sempre dixen esto parte da nosa famélica política de comunicación  e as filtracións interesadas que engordaron  a mentira. Comémola con patacas, un servidor incluido. De todo esto temos que sacar dúas leccións, un fichaxe non é ata que está firmado e sacamos comunicado oficial. E o de idolatrar e aplaudir no Bernabéu a xogadores que non son teus máis cos que levan anos facendo historia é lamentable, porque despois pasa o que pasa.

Perdidos os dous futuros dominadores do fútbol mundial dos próximos anos ou eso aparentan non queda outra que potenciar a política de fichar raparigos e a ver que sae. Como fai o Liverpool e compite ano tras ano, como facemos nos tamén, hai que reinventarse e buscar o novo Lukita, o novo Karim a un prezo asequible e antes que se fixen outros, como fixemos con Vini, Rodry, Cama ou Fede e sobre todo que queiran vir.

Por moito que digan dos cartos, e por moito que lles deran, nin Haaland, nin Mbappé quixeron vir, se quixeran vir estarían aquí así de simple, se prefires ir ao City ou quedar no Psg é porque realmente é o que desexas. Non fagamos trampas ao solitario, non ven por culpa del e non é madridista como todos pensamos. 

Cando non chegou en agosto acordeime sempre do caso de Íker Romero e o Barça e Cidade Real. Os casteláns tiñano fichado pero despois dunha final de Champions o público fixo que o Barça se virá "obrigado" a pagar a penalización e quedase, pois nos nin penalización.

Tampouco podemos pensar que os cartos non os xeneran, que veñen de onde veñen.... O mesmo pasa no basket co Madrid e o Barça, e noutros deportes con diferentes equipos sobre todo cos culés, cada un decide dilapidar  os seus cartos onde quere, ti tes que competir co que podes e con imaxinación. 

Como dixo o Carlo , se queres xogadores de máis calidade tes que pagar, pero ao fútbol xógase tamén con xogadores de menos calidade. Pero non solo é eso, é ambición, intensidade, ambiente..... Quen sabe si a chegada do sapoconcho rompía todo, ou espoleaba aos rivais..... Pois nos temos que automotivarnos para demostrar que somos bos, simple.

Temos que esquencer xa a Mbappé porque unha vez que remate o mundial, xa comezarán outra vez a vendernos que quere vir, que é o seu soño. Pero no 2024 hai Xogos Olímpicos en París e dirán que virá ao rematar que Francia non pode perdelo antes e despois, dirán que hai algo no Louvre ou onde sexa. Madridistas non quixo vir e listo, non é seu soño como o noso que cartos dáballe Flo abondos e para a familia seguro que tamén. Según filtraba Jabois dun directivo, déronlle todo o que quería, cousas que non lle derán a ningún dos galácticos anteriores e nin así. 

E como a moza a que idolatras e che deixa tirado unha e outra vez, pero sempre che da esperanzas e diche, non eres ti son eu, pero marcha co outro. Hai que esquencela se queres seguir adiante.

Agora do que se trata e de saber invertir, parte do que se ía gastar no sapoconcho e ter aforriños. Non podemos marcarnos un Neymar ou Figo do Barça gastando en Petits, Overmars, Dembeles ou Coutinhos. Non hai Haalands, nin Mbappés no mercado, polo tanto non podemos sobrepagar medianías. Hai que tirar con moito ollo. Pero si hai Vinis, Rodrys..... hai que atopalos a bo prezo, non podemos cometer un Jovic, ou que nos salga mal un vello como Hazard ou Kaká.

De feito a Vini e Rodry abríuselles o mundo, poden e deben ser importantes. Igual tamén se lles abreu aos Hazard, Asensio, Kubo, Brahim, Mayoral, Latasa, Arribas  ou incluso Reinier, pero deso falaremos noutra ocasión. Debemos buscar un sustituto para Modric, Kroos e sobre todo Karim, ir apuntalando o plantel, non ten porque ser xa, pero hai que facelo, pouco a pouco, ano a ano.

A min en todo esto hai cousas que me parecen moi raras, un tío que tivo a Figo pillado cun contrato do que para zafarse facía millonario ao Madrid, e que é un crack nas finanzas, non pesca nada desto, non firmou nada en xaneiro. En agosto case ven e agora non. Un xogador cun futuro incrible non ten nada firmado e arriscase durante seis meses a perder moitísima pasta. Todo moi raro, pero de ser así  a xogada de poker saílle perfecta ao sapoconcho. Flo volta a quedar moi tocado como cando foi da pifia da superliga. Sería interesante que despois da final saíse na súa típica tourné a explicar cousiñas a xente porque falta nos fai, non todo é filtrar.

Non vale chorar máis, porque se nos escaparon a muller máis explosiva  e tamén a máis cachonda do mundo, perdemos as dúas. Quizais non estamos tan bos coma pensábamos.  Toca buscar a que nos vai facer felices, porque non o dubides o Madrid sempre volve. 

Agora fin do tema, como dixo Don Alfredo: Ningún xogador é tan bo coma todos xuntos.

“Mientras se persigue lo que cuentan que es la felicidad (Mbappé), se goza una felicidad real de la que no se adquiere verdadera conciencia hasta que no se pasan años sin volver disfrutarla”. esttoper.

HALA MADRID Y NADA MÁS.

ANTERIORMENTE:

Ridibapé . 

Song Contest . 

O ano do vinculantismo. 

Mbappé 2021. 

Mbappé 2017.



No hay comentarios:

Publicar un comentario