viernes, 11 de marzo de 2022

Don´t you sit in our chair!

 A frase é de Alaba e ven de regalo da imaxe do austriaco coa cadeira en brazos, seguramente será o trofeo que levemos este ano en UCL pero deunos unha noite de ledicia ao madridismo que facía moito tempo que non vivíamos. Despois de sufrir as apreturas do Covid, agora cas da enerxía, os problemas persoais e as cacholas de cada un que non deixan de pensar,  e  como non co desenganche continuo co equipo por fin unha noite, bueno máis ben trinta minutos para esquencer cousas e abrazar a esperanza unhas horas antes de voltar a cruda realidade.



Había moitas gañas de Real Madrid pola pandemia, a xente pasouno e estao a pasar moi mal polo mundo e o Madrid é universal. A xente colleu moito medo e o mércores  foi un desafogo para o madridismo.

Son días para disfrutar, pero o Madrid coma equipo segue lonxe. Perante a maioría da eliminatoria xogamos rematadamente mal e o lóxico é que non chegáramos vivos aos últimos trinta minutos pero para iso temos a Tibú, Alaba ou Mili . E claro despois está o gol, ese gran adestrador. Un Madrid fora do partido aproveita un erro de benxamíns e de repente axusta a súa presión, súa saída de balón, a ocupación do área. Talento, mentalidade e corazón. Ese gol que descompuxo aos franceses que cada vez que veñen mal dadas se diluen coma o azucar  no vello continente.

Pero non so iso a entrada no campo de Cama e Rodry foron determinantes, dende o blog pedíamolos no once inicial, o final foi mellor que entrasen coma revulsivos pero son dous xogadores que dan moita forza ao equipo, enerxía e traballo, para que Karim ou Lukita luzcan coma o que son cracks mundiais. Incluso Lucas deu un empuxe ao equipo que non estaba a dar esta tempada.

No Madrid non poden estar xogadores que solo ofrezcan rendimento con vento a favor. Esos por bos que sexan non nos valen. No Madrid, coma na vida, hai veces que o vento zoa forte en contra. Neses momentos debemos resistir, quenes resistan sen disolverse son os nosos. Non levan mamado Vini ou Militao. Non ten nada que ver co talento, dicímolo moitas veces. Se  co 0-1 no minuto sesenta non cres non eres xogador para o Madrid. Vaste a outro lugar a ser feliz, que hai moitos sitios bos, pero ningún coma o Real Madrid.

Sabemos que estamos moi lonxe do ritmo o que se xoga en Europa por exemplo o  do City, Pool, Chelsea ou Bayern pero con eles estamos máis preto, veteranos e noveis xuntos e revoltos. Por iso nos fastidiou o que pasou na ida e nos sesenta primeiros minutos do Bernabéu, xa que o PSG é o que é, viuse claro.

Pero hai tres nomes de suplentes que deben remarcarse, Cama, Rodry, Fede, vaia trinta minutos que se marcaron. A enerxía, frenesí , dinamismo que lle poñen ao equipo. Son xogadores cos que hai que contar xa, chegou o momento da tempada na que os necesitamos.

Ten toda a pinta de ser coma a "robontada" de valer de pouco pero que nos quiten o bailado, dende o periolisto que puxo en tuister " que difícil é ser antimadridista", ata as caras dos periolistos madridistas disfrazados coma dicía Mou, meus pobres e xa os dos que non están disfrazados xa  nin digamos, xa andan ca nova campaña.

Son partidos dos que fan aos nenos madridistas, moitos xogadores deciden que seu soño é xogar no Real Madrid, e a rapazada do vestiario asimilando a grandeza de non rendirse nunca, partidos nos que tumbar ao Relato incluso o club en redes traballou xenial, deberon de trocar o CM, así si debe ser  a política de comunicación. Partidos para difundir a palabra do madridismo.

Observamos tamén a importancia de que os xogadores sintan o Madrid, que gañen o seu diñeiro porque no Madrid págase ben e vívese de luxo, pero que non veñan solo na busca do diñeiro porque noutros sitios seguro que pagan máis. Ver tirando do carro a un croata , un francés, un austriaco ou algún brasileiro, iso é o Madrid, non fai falla ser canteirán ou nacer en Hortaleza, para sentir ao Madrid, síntese en todo o mundo e isa é a grandeza do club.

O peso do escudo en UCL, é inexplicable esa aura que leva ao Madrid a facer estas cousas. Unha forza que non se pode parar, xuntándose claro co queixo de cristal dos franceses. Outra vez o Real Madrid, contra a lóxica, contra o sentido común e poñendo a proba nosos corazóns. A grandeza non se pode mercar.

A gozada foi épica xa que ao Madrid tocáralle o Benfica, foi a enésima demostración de que a grandeza non se compra. Que merece a pena loitar contra as inxustizas, que a corrupción non gaña sempre e que a veces aparece o kharma en forma de xustiza poética. Por certo recordemos que o balón de ouro non foi para Bappé, Lewan ou Karim o ano pasado.

Podíamos falar de Karim, criticado tantos anos pero sabedes que aquí debemos rematar con Lukita Modric, un xogador eterno que volta a renacer cando parece que se apaga. É todo o que representa esa camisola que leva, ese escudo que defende, palabras ben válidas para o francés tamén.

Non todo é o que reluce, por exemplo na celebración os únicos dos que non xogaron que vin saudando e saltando foi a Lunin, Hazard e Vallejo. Posiblemente pasar nos complique aínda máis a Liga pero o Madrid ten que loitar sempre ata o final, se tivera posto en dinámica a moitos xogadores meses atrás o Carlo mellor nos iría.

Aquí non somos imparciais faltaría máis somos madridistas, a veces críticos, outras non tanto. Agradecemos os antis que nos autofinancían e multiplican o valor da nosa marca, grazas. 

Para análise do partido moitas contas, pero a de soprano por exemplo moi boa.


Como di Sison:

Que Sensación es ser del Madrid!! Todos cuando nos llegue el momento moriremos en paz y felices por haber podido disfrutar del Real Madrid en nuestra sangre.

 Pero aquí sempre nos quedamos ca palabra de  Jabois :  

Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

 “ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”

P.d. : 

“Se abrieron los sepulcros y muchos cuerpos de hombres santos que habían muerto se levantaron. He aquí la vida y el poder de los que creyeron.” Mateo 27:52

P.d 2, algo que me recordou o caralibro hoxe: "Non necesitas o valor para o instante en que eres golpeado, sinón na larga ascensión de regreso a cordura, a fe e a seguridade." O Tour gánase nos días difíciles e para eso estamos os gregarios sempre, sempre , sempre tirando.



Un saúdo xentiña, non nos fagades moito caso, xa que  aquí sabemos os nomes das vacas pero nin idea de gandería. Disfrutemos un pouco que veñen días fastidiados.


Anteriormente:

T4 e as filtracións.

Donarumma xogou.

O sorteo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario