martes, 3 de mayo de 2022

Pegasus.

 Dende o primeiro día coma Pegasus fomos un intruso no mundo do Carletto, prometemos que si gañaba a Liga pediríamos perdón e aquí estamos. Por eso eliximos hoxe que igual a partires de mañán estamos cabreados outra vez.


Hai certos aspectos do Carlo como técnico que nin me convencían, nin me convencen, nin me convencerán. Pensei que se lle viría abaixo o equipo tralo bochorno do clásico e aquí está nun momento estupendo. Pase o que pase mañán a tempada é notable, como sempre dixemos o Madrid ten que pelexar os títulos nacionais e acadou dous de tres. Sinceramente non temos equipo para o ritmo que impoñen os Premier e o Bayern pero aquí estamos con ilusión para mañán.

A pesares de todo e caendome ben o Carlo, non me gusta coma adestrador do Madrid, e sendo plenamente consciente de que iso non vai ocorrer eu cambiaríao. Pero claro agora todos queremos ser adestradores, directores técnicos ou periodistas, aínda que por algo nos estamos aquí comendonos os mocos e outros estanse gañando a vida por alí. Nos seguiremos pedindo aos Miguel, Ceballos, Cama, Fede, Rodri, Peter, Arribas..... e o Carlo fara o que el considere oportuno.

Vou dicir unha frase que lin hoxe sobre o tema e defíneme perfectamente: A menudo tívenme que comer as miñas palabras e descubrín que era unha dieta equilibrada.

Vamos deixar un paseo polo último ano en links. En maio flipamos co terremoto Zizou e a súa marcha. En xuño Pepe Kollins opinaba coma nos que parecía que todo ía a deriva. E en agosto tivemos unha esperanza de que viña o sapoconcho, algo que uns días despois  desapareceu.

En setembro inicio esparanzador e con boas maneiras do equipo, pero ca picada co Vilarreal comezaron as primeiras sombras. E a cagada co Sheriff  mudouno todo, e a xente púxose nerviosa, máis cunha nova picada co Espanyol.

Gañamos o primeiro clásico e voltaron a crer algúns, aínda que aquí e por alí a xente non deixaba de hatear ao Carlo. Pero non solo ao mister xa que cremos que os culpables son outros e sobre todo unha nefasta política de comunicación e caemos nas solucións de sempre.

En xaneiro despois do nadal entrounos novamente o pánico, aínda que un triunfo ante os chés dounos folgos, pouco despois unha nova picada desta vez co Elxe. 

A eliminación da Copa foi unha cagada dende o momento que tendo dez días puxo os que chegaban de viaxe, sufrimos co Granada pero sacouse adiante, demos noxo en Parigi, e dende a T4 sacaron as súas filtracións típicas. 

O subidón europeo do PSG subiunos a banqueta de Alaba, pero o bochorno do clásico fíxonos pensar que chegara o fin. Seguimos combatindo o relato e criticando dende o triunfo

Ata que gañamos a Liga e Jabois levounos novamente ao Olimpo, aínda que non sabemos nin celebrala.

Por certo como madridista os pasillos que me importan son os de levantar títulos o resto importa pouco, a copiña no Bernabéu e listo. Por exemplo o pasillo importante mañán é o que lle fagan os siareiros ao equipo para levalo na busca do miragre, nin máis, nin menos. O único que fai é destapar aos antis, que o utilizan como unha forma de desestabilizar e vender o seu relato,  si o madridismo lla suda o tema, solo pensa en ganar o próximo partido. 

Como di Jabois: 

Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

“ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”









No hay comentarios:

Publicar un comentario