lunes, 1 de noviembre de 2021

Hateando ao Carletto.

 Hoxe dende aquí vamos a hatear un pouco ao Carletto como se foramos Sison. Non cabe dicir que de saída non dábamos un peso por Carlo, víamolo como un adestrador cómodo para a directiva. Despois sorprendeunos un pouco co seu xogo divertido con moitos goles en ambas porterías, pero co paso das xornadas demostrouse que era todo un espellimo. Así que vamos hatear ao estilo sisoniano, algo que nos pide o corpo hoxe. Alá vamos con frasiñas :



Asensio é unha pantasma que deambula polo verde, da igual onde o poñas. Como dí Ali o mellor para un xogador é andar entre dúas augas.

Os minutos de Hazard cada día van polo estilo, pero con preto de 150 kilos e o soldo superlativo no lombo. Non solo porque non fai nada, senón tamén por actitude, correrlle un pouquiño sen apenas súdar, nen sinte, nin padece coma o anterior.

Despois temos o extrano caso de Mariano, desaparece dous meses, parece que pasa de todo, non quere marchar, fotos na piscina, na casa, logo sae o campo deixandose a pel en cada xogada.  Mestura un xogadon, con unha cagada de xogador de rexional e despois desaparece cunha nova lesión un mes, aínda que desta vez non foi culpa del.

O noso traballo táctico é lamentable. Somos un equipo desesperante. Todos os equipos nos xogan con bloque baixo, pechados no Bernabéu e non sabemos como atacar, nin con Carlo, nin con ZZ, nin con ninguén. Pasan os anos e seguimos sen preparar algo táctico para desatascar partidos deste tipo, sen ideas.

Como di Sison despois temos que escoitar adestradores do Madrid que din que non fai falla preparar nada en ataque que teñen moita calidade e hai que deixalos libres. Pois así levamos, ano tras ano comendonos partidos aburridísimos do Madrid. Como vai a xente ir ao Bernabéu así.

Despois conta menos ca chavalada aínda ca ZZ, non xoga Miguel, non xoga Blanco, non xoga Arribas. Si temos que comernos no plantel aos Marcelo, Vallejo, Isco, Asensio, Bale, Hazard... e si tes que te convocalos vale para estar suplentes e viaxar, pero se pensas que hai que rotar un día prefiro ver aos brasinenos ou os chavales sinceramente. Fáltanme minutos de Fede, Cama, fáltanme minutos de Blanco antes ca Isco, de Miguel antes ca Marcelo, de Arribas antes ca Asensio. Si ten que xogar un día prefiro a P. Ramón antes ca Vallejo, que xogue un día Peter, incluso prefiro a Marvin antes ca moitos destes. 

Invertir tempo e partidos nos sinalados por este blog sexa cal sexa o contexto, da tanta preguiza que non vale a pena nin comentalo.

Como di Sison a culpa non é dos adestradores que eles miran polo seu cuiño e a vivir, gañar sen crear nada. A culpa é do clube que non sabe o que quere, nin sabe o que ten. Que estructura estamos a crear nos nosos equipos?

Ou como di Ali, si a tenor dun resultado é que xustificar un partido triste cos tres puntos non che leva a ningún sitio. Cando a tendencia é mala e o traballo deficiente o que gañas nun día difícil pérdelo nun día fácil. Nin selo táctico, nin equipo con identidade e nin siquera xuntas bos xogadores no campo. A sensación e todo cacho mesturar calidade, ou experiencia, ou velocidade ou o que toque para que o vestiario este en calma e vaia surxindo a vida no verde.

Si ante un equipo débil non sabes acelerar o partido ao teu favor ou non o propoñes, imaxina facelo ante un rival que busca pecharse. A táctica e o traballo de adestrador é algo real no fútbol.

E claro somos o Madrid e temos moi bos xogadores e o normal é que o setenta por cen do tempo surxa gañar e algunha vez ata golear ou deixar boas xogadas. Claro, é unha carallada que un equipo xogue a pecharse, pero cada un utiliza as súas armas, fan ben. Sorprende a resignación dos siareiros, como se fose algo que non se pode superar se non tes xogadores de calidade extrema. Como di Ali, compráchedes moi forte que a táctica son os pais.

Plantel floxo e adestrador manso a peor combinación posible xentiña.

Tan difícil é apostar por un troco e non seguir a esperar ano tras ano polo Sapoconcho francés.

Anteriormente:

RT: Ali ou Reuben.

RT Espai.

Non foi un espellismo.

O Chamán.





No hay comentarios:

Publicar un comentario