domingo, 20 de febrero de 2022

A T4 e as filtracións.

O Real Madrid vive no pasado no tema da comunicación, filtrar pero moitas veces os intereses do club non coinciden cos do presi e iso é un problema. Cousas que van en contra do Madrid pero que liberan o presi de culpa que finalmente é o obxectivo. Poñer aos adestradores aos pes dos cabalos e poñer o foco en temas externas a cúpula e a T4. 



Hoxe de feito xa filtran que vamos a ter poucos trocos. Estamos dacordo, aquí cun patrón coherente, con novos métodos, novo ritmo.... cos vinculantes, un par de complementos e os chavales firmamos. Que igual sae un desastre pero se queremos competir en Europa hai que subir un par de marchas.

O club está no seu dereito de perdirlle explicacións ao mister, pero non a través de periolistos afíns, por iso marchou O Chamán no seu día. Despois os siareiros tarifamos e dámonos conta das cousas que tontos de todo non somos, e pouco a pouco vámolas fiando.

De que nos vai servir ter o mellor estadio do mundo, con realidade virtual e todo o conto si tes un equipo xogando a un ritmo arcaico e adestrados por un mister arcaico, quen vai pagar por ver ese espectáculo. Que vimos de facer o ano pasado un nadaplete moi bonito e nada trocou. Sinceramente aquí somo fáciles de contentar, con pouco xa temos ilusión, pero hai que xerala e xa non o facemos. Sabemos no contexto que estamos, ao presi sempre lle gustou trasmitir imaxe de estabilidade e calma, pero os siareiros están cansados e queimados, debe telo en conta.

O club necesita novos aires, novas formas de traballo que nos de un impulso, definir o proxecto e escoller o patrón adaptado aos novos tempos e as novas formas de xogo e darlle confianza claro, pero un patrón que lle guste o presi non é fácil xa o sabemos.

Como nos conta o magnífico Alberto Egea, máis coñecido coma esttoper nas redes, no seu artigo StandBy.

" O Carlo en lugar de anticipar solucións a un problema, o das baixas e a fatiga, do que imposible escapar, deicidiu aprazalo. No lugar de aproveitar a dinámica positiva para sumar xogadores a causa, para probar novas sociedades ofensivas e defensivas, que vai necesitar aínda que non quixera , preferiu estirar o chicle ao máximo.

 Non se poderá dicir que o Madrid non sabía o que traía. Carletto está exercendo de Carletto, cumprindo seu rol a perfección. Non tería senso pedirlle que sexa o técnico que non é. O técnico italiano, coma Zizou, seguiu experimentando certezas do equipo, fixando un teito e renunciando a arriscar a transformar a realidade o potencial que teñen certos suplentes e canteiráns, co risco que conleva seu crecemento individual.

A evolución dun futbolista ten uns prazos e uns momentos que non volven. Non dar os pasos que tocan cando toca non supón solo aprazar a súa mellora, senón estancar seu crecemento ou incluso deteriorar ou involucionar ao futbolista.

Pero non é Zizou ou Carlo. Ambos xestionaron o club coma si os foran a despedir mañán, algo normal por outra parte porque así é coma funciona a institución. É o club o que leva anos asumindo e promovendo esta forma de xestión de talento, que non é boa ou mala, senón que é a que é. O Madrid vainos esperar, pero non os vai acompañar  nin lles vai facilitar un contexto para crecer. Solo os autosuficientes sobrevivirán......

O Madrid busca captar aos mellores estudantes, pero non concibe o club coma unha universidade donde pulir eminencias en cernes, senón coma unha galescola a espera de que salte un superdotado."

Porque coma sempre dicimos temos que apostalo todo aos títulos nacionais xa que para Europa non estamos e viuse o martes claro e iso que nos tocou un rival que non xoga a super ritmo, se nos colle o City, Chelsea, Bayer, Pool... non digo nada. Aquí co Carlo moi xustos non somos vamos bos de hatealo, pero ollo non somos os únicos  fora tamén o hatean.  Gracioso foi cando despois de caer en Copa o club filtrou que nos queimamos moito co Carlo.

Como dixo Javi : " o medo mata máis cas espadas."

O plantel é unha responsabilidade do club, a do Carlo non dalo todo pola xente nova, algo que filtrou el e o club a principio da tempada.

Xa que o trato do club a canteira, incidinto a xente que gañou a UYL, é un desastre mírese por onde se mire. Nin unha cesión para garantir minutos, nin un xogador cun mínimo peso no primeiro equipo. Perdidos na 1ª RFEF .  Non estaría ben facilitar o salto a estes rapaces en lugar de outros que xa non pintan nada. Consolidalos na élite mesturando veteranía e xuventude. E si o club non o ve cedelos. Estámolos perdendo e detrás sinceramnete si que non vexo nada. Non pido un Zidans e Pavóns, pido unha cousa normal e que algún chegue a rotación.

ANTERIORMENTE:

Palabras do pasado.

Rt: Dona xogou?

RT: Graná.


No hay comentarios:

Publicar un comentario