viernes, 13 de mayo de 2022

Song contest: vinculantismo.

 Despois de meses vendéndonos a milonga dende tuister stars afíns como se un Eurovisión calquera fora,   de que Flo tiña contratos vinculantes con Haaland e Mbappé, incluso aquí picamos ben picados resulta que o nórdico xa é xogador do City e vaite ti a saber o francés. 



Parecía difícil que se derá pero críamos nun novo despelote de Flo, agora toca dalo todo polo sapoconcho que se non chega todo van a ser risas, xa nola pegamos no 2017 e neste verán

Haaland neste blog era o preferido por encima de Mbappé, había "filing" con el pero nin que dicir ten que se Mbappé chega o Madrid vai ser porque ten gañas de vir aquí con todo o que lle está a ofrecer e mover o equipo do reino.

Pero temos que ver o tema friamente, para o club é claro que o tema é un contratempo, polo esforzo negociador e polo interese mostrado, e ao final levouno un gran rival, dos peores posibles. Ademais en ano de mundial raro e co nórdico que non o vai xogar, dato importante para a próxima tempada, no que moitos xogadores van estar pensando na cita mundial antes da tempada e virán como virán despois, ollo a como se van a preparar os equipos ante algo nunca visto.

Pero raparigos, si Haaland quixera xogar no Madrid, xogaría no Madrid, certamente o club penso que lle poñería moito carto fresco enriba da mesa, simplesh como dicía o outro.

Non vou ser dos que pedían o seu fichaxe e cando elixe a outro dicir que aquí sería reserva, como un mozo ao que deixaron tirado. Haaland é moi bo, aquí sería indiscutible, elixiu a outro e non pasa nada, con eses cartos refórzanse outra posicións e demóstraselle o erro gañándolle como fixemos co sapoconcho.

Se somos quen de traelo teremos a Kylian, Karim, Vini e Rodry arriba, nin tan mal, o problema é se non ven claro. Despois teremos aos Jovic, Mariano, Hazard, Asensio que a ver que se fai con eles, de todas formas hai que reforzar o tema arriba se damos sacado xente. Sinceramente se non sale algo especial do mercado, aquí apostamos por Borja Mayoral ou Latasa como opcións low cost, tamén gustan Peter e  Arribas, pero igual a chavalada necesita foguearse lonxe. Tamén temos aos Kubo, Reinier e Brahim cedidos, xa sabedes que neste blog somos de apostar pola nosa xente pero como nos equivocamos tanto. Como confiamos sempre en Fede, Cama, Rodry....

Non todo é branco ou negro, temos que atopar o noso punto e os nosos xogadores, xente que poida ca nosa camisola que non vale para calquera. Pero reforzar a defensa, ( un central, algún lateral, e quizais ir buscando un medio, Lukita non é eterno e con Ceballos aínda que gusta, falta algo) e Karim obviamente tampouco, pero co sapoconcho teño recordos do Nazario, igual de 9 vale tamén. 

Iso si como dixemos antes, ollo que é ano de Mundial raro, hai que ter moito ollo ca configuración do plantel e do que nos convén e de como se move o mercado, de momento a primeira bala saiu mal. Debemos aproveitar este bo ano para afianzar o plantel, estancarse nunca é bo, recordemos o desastre de ano tralo ano do bo segundo ano de Mou. Que igual o Pool nos pulveriza o 28 e xa non nos vale ningún, que pasa moito iso, recordemos o que pasou ca liga do penal de "Juka" e a final posterior de Atenas, o que mudou todo.

Continuará.....

Anteriormente:

O ano do vinculantismo.

Disfrutar o momento.

Pegasus . 

Non sabemos . 

Jabois again . 




No hay comentarios:

Publicar un comentario