lunes, 20 de diciembre de 2021

As "solucións" de sempre.

 Pouco máis dun ano despois da Chirigotada sublime voltamos a pinchar fronte ao Cádiz, dunha forma menos penosa pero erramos de novo.



Como dixo SVilarino:

A veces é desesperante ver unha e outra vez os mesmos trocos, as mesmas "solucións", as mesmas opcións. Sempre as fáciles, arriscando pouco. O partido de Casemiro foi esperpéntico, a partires do tempo de lecer súa presenza é absolutamente innecesaria. Contra un bloque tan baixo necesítase máis movemento ca nunca, xente que poida romper liñas, encarar ou tirar paredes nun pano. O brasileiro non cumpre en nada diso.

O tema Mendy, que se comentou onte, foi contraproducente. Tal coma estaba o partido restou máis ca sumou, simplemente pola súa maneira de moverse en ataque. Vini necesita que lle liberen espazo para moverse cara dentro. O lateral ten que abrirse e fixar, non aparecer por dentro. 

Logo está o tema Hazard, do cal creo que estamos todos cansados xa. Non aporta o suficente como para ter que trocar tódalas dinámicas do equipo para acomodalo. É unha sombra de quen foi. 

Por último o tema dos canteiráns, aquí entendemos que A Fabrica é unha excelente productora de xogadores de Primeira División. aos feitos nos remetimos. ¿ Futbolistas para o Madrid? Non o sabemos.

 O contrario do Barcelona por certo. Iso si algún "canteirán" dalí fichado este verán pagando a claúsula ou que era o capitán do rival da cidade. Por isa teoría Vini, Case  e Rodry son canteiráns, que nen decir ten Marcelo ou Varane no seu día. A esto nos referíamos co de política de comunicación. 

Como da diferenza da repercusión no tema expulsión de Case, ca dos goles raros que lle marcou o Barça o Elxe. Ou como a Superliga é mala, pero Mundial cada dous anos, e Uefa Nations League con Sudaméricanos boa.

Non pedimos un adestrador que aposte polos rapaces ao tolo, nunca nos importou nin cremos que sexa o estilo do club. Pero si tes unha certa liña sucesoria en certa posición, e non tes máis opcións do primeiro equipo, dalle unha oportunidade a un chaval. 

Basta xa de inventar "solucións" para meter con calzador a rematada estrela de turno. É desesperante e non nos imaxinamos o que ten que ser para os rapaces.

Ou como di Javicrossman:

O Madrid ten unha serie de carencias no plantel que entendemos que veñen ocupadas por ex-xogadores:

Precísase un medio con chegada capaz de aproveitar os movementos de Karim. Pero ese oco salarial ocupao Isco.

Precísase un xogador capaz de trazar diagonais e ter chegada e remate dende a dereita. O que debería ser Bale.

Hazard ou Jovic moi lonxe do seus prezos salarios. A esas carencias sumaselles a debilidade nos laterais. A dereita sen Dani é un drama e Dani vive lesionado. Na esquerda Mendy é un bo lateral, sen dúbida, pero con carencias en partidos coma o de onte. 

Partidos coma o de onte e non darlle minutos a Miguel un lateral precísamente para ese contexto. Ou a Peter para ter dúas bandas, non probar con Cama, quitar a Fede, facer sempre os mesmos trocos fáciles. Rapaces que son tan bos ou mellores cos do Barça como dirá o tempo se deus quere. Aínda recordo cando nos contaban no verán que Carlo contaba con Arribas, con Blanco, con Miguel, con Marvin .... os mesmos contos de sempre para xogar os que nos aburren sempre. Non dicímos que os ten que poñer a todos xuntos, pero un ou dous mesturados cos do primeiro equipo rinden seguro.

Estamos rematando decembro e seguimos sen saber como atacar autobuses dende o xogo e a tranquilidade, pois algo non se fai ben.

Anteriormente:

Política de comunicación.

Outros tamén hatean.

Hateando a Carlo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario