viernes, 18 de febrero de 2011

Voltou a Champions.

O pasado martes voltaba a Champions League as nosas casas con enfrentamentos destacables cando menos.
Principiaba cun Valencia - Shalcke 04 un insulso empate a uns que nos traia a volta de Raul a España e o madrileño conseguía marcar e convertiase no home record do futbol europeo superando a torpedo Muller, quizais esa foi a principal razón do seu fichaxe polo clube alemán cando todo o mundo pensaba que se iría o futbol inglés. O partido non tivo moito que máis para destacar. Os dous equipos teran opcións de clasificarse.
No Milán - Tottenham cun cero a un vimos a debilidade actual do fútbol italiano a pesares de xogar nesa liga o actual campeón. Un Milán que so creou perigo a balón parado co colombiano Yepes, quen o diría.No enfrentamento entre o lider de Italia e o cuarto de Inglaterra. Un dato é que o Milán fixo cinco fichaxes este inverno, Cassano, Van Bommel, Enmanuelson, Didac Vila e Legrottaglie dos cales sólo os dous últimos poden xogar Champions o que di o que lle importa esta competición. Nos londinenses faltaban os seus dous buques insignia Bale e Modric. Debutou o sudafricano Pienar. Todo indica que os spurs avanzaran rolda.
Para mércores quedounos o Roma - Shacktar cun dous a tres, outro batacazo italiano ante os dolares ucranianos cargados de brasileiros. Marcou Douglas Costa unha perla brasileira no frio. Parece que os de Chigro pasaran rolda.
O partido estrela dos octavos era o Arsenal - Barsa, co dous a un para os ingleses, nun partido que a inusual falta de punteria de Messi e o conformismo catalán fixo que os gunners remontaran o gol de Villa con dous zarpazos de Van Persie ca axuda de Valdés e o ruso Arshavin. O partido foi de moita menos calidade co do ano pasado e a parelle de centrais do Arsenal deu moitas facilidades, os Djorou,Koncielski non melloran os Gallas e o lesionado Vermaelen do ano pasado. O que si convenceu foi a nova perla inglesa Wilshire moi ben no corte e na construcción. Non parece que o Arsenal sexa o equipo que vai parar o Barsa pero complicouse unha eliminatoria que tiña moi encarrilada.
Para a vindeira semana atoparemonos o Inter - Bayern a final do ano pasado, Lyon - Real Madrid e os parecen máis descafeinados Cophenage - Chelsea e Marsella - M. United, aínda que os daneses deixaron unha envidiable imaxe ante o Barsa na fase de grupos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario