lunes, 28 de febrero de 2011

Fisober B - Ponteceso. 5-0.


LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B “ CONCELLO DE VIMIANZO-CONCELLO DE PONTECESO. 5-0

FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Andrea e Baio.
CONCELLO PONTECESO: Salomé, Sonia, Martina, Silvia e Tamara; tamén xogaron: Mónica e Iría.
ARBITROS : Emilio Losada e Yayo Pájaro; boa actuación.

GOLES : 1-0 Ylenia, 2-0 María, 3-0 Myrella, 4-0 Mónica en p.p., 5-0 Andrea.

O derbi de próximidade quedouse na casa nun partido sen moita historia e no que as visitantes apenas inquedaron o filial do Fisober, nun partido no que as locais voltaron a xeira da victoria.
Comenzaba o partido co dominio local e os cinco minutos era Ylenia cun tiro lonxano a que desfacía a igualada e batía a Salomé. No minuto sete era Noelía a que tiña unha opción de aumentar a vantaxe. No minuto dez foi Ponteceso quen tivo a súa ocasión máis clara do partido despois dun saque lateral. Mediada a primeira metade Andrea e Ylenia en dous grandes disparos que enviaba Salomé a saque de esquina non foron capaces de marcar o segundo. Transcurría o partido cun dominio local pero con pouca intensidade. No minuto vinte eran Andrea e María as que gozaban dunha dobre ocasión pero o segundo gol non chegaba. Un minuto despois era Andrea a que mandaba un balón o longueiro. Parecía que o segundo gol non ía chegar pero nos dous últimos minutos primeiro María despois dun rexeite facía o segundo e pouco despois nun saque de esquina lanzado por Myrella chegaba o terceiro.
A segunda metade camiñou polos mesmos derroteiros co dominio local e cas visitantes sin apenas chegadas. Así no minuto sete desta segunda metade era Noelía a que dispuña de dúas boas ocasións e Andrea de outras duas boas ocasións. A xogadora do Fisober pero pontecesana de nacemento Myrella no oito tampouco era quen de batir a Salomé. Mediada a segunda metade Ylenia mandaba un balón o pau e case acto seguido a mesma Ylenia facía outro bó tiro. No minuto 18 un tiro de Ylenia era Mónica a que poñía o 4-0 en propia porta. Un minuto despois Baio lanzaba o longueiro e despois a omnipresente Ylenia de novo asustaba a Salomé. Parecía que o partido chegaría así o final cando Noelía erraba unha nova ocasión pero era Andrea a que facía o quinto e defenitivo antes do final.

1 comentario:

  1. eh Luis non vale eh?jajaja eu marquei un de saque de corner... e´stán por quitarmos eh jajaja!tes videos?

    ResponderEliminar