miércoles, 23 de febrero de 2011

Muxía - Outes ,0-0.

MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní (Felipe, min.88), Josiño, Angel, Chori, Dani, Chans, Alberto, Oscar Canario, Papi e Peski.

OUTES: Moncho, Alvaro (Debé, min.46 (Fabio, min.60), Primo, Chúa, Saúl, Arturo, Lass, Martín, Quin (Pitu, min.69), Pesco (Damian, min.69) e Marico.
Expulsión: O local  Papi (min.69) con cartón vermello directo por protestar.

O gran número de baixas do Muxía para este encontro fixo que se tivera que vestir de corto por primeira vez nesta tempada o seu adestrador Luís Romaní. Aínda así os locais fixeron un partido moi serio en defensa e tentaron saír a contra cada vez que podían e conseguiron repetir o resultado do ano pasado o 0-0.
O Muxía tentou polo menos sumar un punto e así o fixo, colocadiño atrás non sufrío demasiado e so disparos lonxanos tentaban sorprender a Angel Luís. No minuto 10 era Pesco quen tiña a súa ocasión, e repetia no 15. A máis clara por parte visitante tivoa Marico cun disparo dende a frontal que enviaba Angel Luís a saque de esquina no minuto 23. Polos locais unha internada de Chans por banda esquerda cun centro chut que se paseaba por encima do porteiro e non entraba por pouco era o máis salientable.Así chegabamos o descanso.


A segunda metade comenzaba co mesmo guión e de novo Marico tiña unha ocasión no minuto 52. No minuto 65 era o local Papi quen probaba sorte. O mesmo Papi despois de sufrir unha falta que o arbitro non considerou coma tal, protestou o arbitro e despois menospreciouno segundo informan os compañeiros sendo expulsado. Pouco despois no minuto 67 o porteiro do Outes Moncho deixaba o balón a Alberto que con todo para el decidiu corresponder o regalo do porteiro visitante e devolveullo as mans, cando a pouca hinchada local festexaba o gol. No minuto 77 Oscar Canario facía unha excelente xogada individual pero chegaba case sin folgos e non era quen de marcar. O esforzo nos locais notabase e nos últimos minutos cun home menos xogaban esperando a hora. Asi no 79 o Outes tiña unha gran ocasión e na última xogada do partido un tiro de Damián era tocado por Angel Luís e iase o poste. Así chegabamos o final co reparto de puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario