lunes, 7 de febrero de 2011

Crónica de Fervenza - Fisober B




LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : A FERVENZA F.S.F. – FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO ; 5-2

A FERVENZA : Julia, Aitana, Irene, Belén e Laura ; tamén xogaron : Ana, Celtia, Marta, María e Alba.

FISOBER “ B “ C. VIMIANZO : Eva, Myrella, Noelia, Andrea e María ; tamén xogou Baio.

GOLES : 1-0 Laura ; 1-1 Noelia, 2-1 Aitana; 2-2 Andrea ; 3-2 Belén; 4-2 Laura; 5-2 Irene.

Arbitros : Daniel González e Francisco Prados ; boa actuación.

A deusa fortuna deixou de lado o filial do Fisober na maña do domingo. Debido as baixas de Ylenia, Lara e a de última hora de Ana fixo que sólo poideran viaxar seis xogadoras. Si a esto lle engadimos que sendos rexeites no cuarto e quinto gol acabaron de finiquitar o encontro. E por último os paus, ata en catro ocasións se atoparon con eles as xogadoras do Fisober, privaron de pescar algún punto despois dun traballado encontro.

O encontro comenzaba como se prevía cas locais atacando e as visitantes tentando saír a contra. Xa no primeiro minuto se pudo poñer por diante a Fervenza, non o fixo a primeira ocasión pero si a segunda. Parecía que o Fisober podía encaixar unha goleada trala saída fulvurante local. Pero non foi así, ben colocadas atrás, tentaban aproveitar as súas virtudes para saír a contra. E foi así como tras unha falta Noelia empataba o partido no minuto cinco. Pero pouco lle durou a ledicia xa que sólo dous minutos despois Aitana voltaba a poñer en ventaxa A Fervenza. Seguían domiñando as locais e saíndo a contra as de Fisober e fruto dunha desas era Noelia quen enviaba o pau. Fisober continuaba aplicandose en defensa e axudadas pola súa porteira Eva mantiñanse a tiro de un gol no partido. Nunha desas no lanzamento dun saque de esquina era Myrella quen enviaba o balón o longueiro. Os últimos tres minutos da primeira metade foron moi duros para o Fisober con constantes ataques das locais, pero nunha contra a falta de quince segundos era Andrea quen o aproveitaba e deixaba o encontro en taboas camiño do descanso.


A segunda metade comenzaba co mesmo guión ca primeira pero cun Fisober que se sentía máis cómodo que no fin da primeira metade, parecía que o empate lle dera máis pulo. E así  desta vez tocaballe a Myrella toparse de novo co pau. As locais non sabían como meterlle man o Fisober.  De novo despois dunha boa xogada o balón chegaba a María quen sentía como a sorte tampouco estaba con ela e vía como o seu remate iase o pau e non quería entrar. A partires deste momento todo cambiou as forzas comenzaban a fallar nas visitantes e as locais lanzabanse de novo o ataque. Así era Belén quen nun excelente lanzamento de falta a que desfacía o empate. O dominio seguía a ser local pero Fisober xa non saía como antes a contra. No minuto quince era Laura quen se aproveitaba dun rebumbio e poñía dous goles de marxe por primeira vez no partido. A seis do final era Irene quen facía o definitivo 5-2. Eses últimos minutos co partido máis aberto houbo ocasións para os dous equipos pero xa non voltou a moverse o marcador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario