martes, 8 de febrero de 2011

A copa de basket a escena




Este xoves comenza a Copa do Rei de baloncesto cos seguintes enfrentamentos de cuartos de final :

  1. BLANCOS DE RUEDA VALLADOLID – POWER E. VALENCIA
  2. GRAN CANARIA – REAL MADRID
  3. B. BILBAO BASKET – CAJA LABORAL
  4. DKV JOVENTUD- REGAL BARCELONA

Os enfrentamentos 1 e 2 disputaranse o xoves e os 3 e 4 o venres.

Os cruces de semifinais xogaranse o sábado e serán os seguintes :


GAÑADOR 1 – GAÑADOR 2
GAÑADOR 3 – GAÑADOR 4

A final disputarase o domingo.

O cadro ofrece a posibilidade dunha final Regal Barcelona – Real Madrid , máis se cabe si como neste ano cambiaron as regras para o sorteo e o primeiro e segundo da liga , que son estes dous equipos non podían enfrontarse en semifinales. Todo fai pensar que o título voltara para Barcelona, un equipo que o igual ca no futbol e o domiñador absoluto do panorama FIBA. Aínda que en liga os dous equipos están empatados a victorias, algo similar o que pasaba o ano pasado a estas alturas, o Barcelona é un equipo moito máis feito , cunha espectacular plantilla e o segundo proxecto de Messina é unha plantilla que pretende ser o futuro pero con moito por aprender. De feito a Copa de Bilbao foi o principio do fin do proxecto 1 Messina. Chegaban os dous a finalísima o ano pasado e a malleira recibida polo Real fixo tolear o italiano que non foi quen de reconducir o rumbo na tempada pasada, dilapidou o futuro branco de moitos xogadores. Parece que vivimos un dejavú e que voltara a pasar o mesmo.

Analizaremos un pouco os cruces ..

  • B. R. VALLADOLID : A revelación e gran sorpresa da tempada. Un clube que se atopa en lei concursal, que con retales esta a vivir moi por encima das súas posibilidades. A segunda mellor defensa ACB no que destacan os arxentinos Van Lacke e García , ademáis do aeroplano Slaugter.
  • P.E. VALENCIA : Empezaron a tempada de maneira nefasta , pero a cegada de Pesic levounos a Copa e a entrar en TOP 16. Cun Rafa Martínez entre os mellores no ranking ACB, en anotación e porcentaxe de 3 puntos, con Claver e os bases Omar Cook e Nando de Colo presentanse como un duro rival. De cómo negocie as súas faltas o xiganton Jatvokas e o estado de Savanovic dependeran as súas opcións de final, claro favorito para este cruce.
  • GRAN CANARIA : A lesión do seu capitán Savané a última hora pode facerlles moito dano. Un equipo que nunca gañou un partido na Copa. Case intratable no seu domicilio do Insular e co cañoneiro da ACB , Joyce Carroll. Difícil rival para o Real Madrid no día de debut.
  • REAL MADRID: Busca voltar o lugar que lle esixe a súa historia. Case nin se recordan cando gañaron a última Copa. Cun equipo sin un lider nato, pero con moita xuventude e ilusión. Mistura grandes minutos , con autenticas páxaras, de cómo sepa desenvolver eses instantes dependeran as súas posibilidades. Con Carlos Suárez como lider do equipo en estadísticas, a nova perla Mirotic, o referente Llull, os veteranos Prigioni e Reyes, os intermitentes Tucker, Tomic e Rodríguez e o anti-Vazquez Fisher, amosara si mellorou como din os seus números do 2011 onde aínda non perdeu ou so é un espellismo, favorito de cara a semifinais.
  • B.B.BASKET: Coa posiblemente mellor plantilla da súa historia , con moito xogador veterano os de Katsikaris, van dar que falar moito nesta Copa. Conxunto moi homoxeneo e onde non podemos destacar a nadie. Con nomes como Mumbrú, Hervelle, Banic, Kostas……..
  • CAJA LABORAL : Esta a sufrir moito no ano post- Splitter. Foron os únicos que o ano pasado poideron parar o super-Barsa. Con San Emeterio como lider nos rankings ACB e co recentemente fichado Esteban Batista, por certo número 2 do ranking tentaran dar a sorpresa e presentarse na final. Falase de mal ambiente no vestiario en contra de Dusko Ivanovic, nada que facer porque Querejeta ten a Dusko nun pedestarl. As fichaxes de momento non lle funcionaron, Haislip xa foi cortado, Bjelica estalle a pasar o que a Velickovic, e Logan non é o de Prokom. Teletovic debera mellorar os seus números deste ano para que o seu equipo opte a título
    .
  • DKV JOVENTUD : Outro equipo con grandes problemas económicos e con grandes lagunas. Capaz do mellor e do peor debido o seu gran número de xogadores de canteira. Os de Pepu teñeno case imposible. English, McDonald e Hosley deberían raiar a perfección para poder rascar algo nesta copa.
  • REGAL BARCELONA : A mellor plantilla FIBA, ten de todo. Da man do seu director de sección Chichi Creus, Pascual fixo un equipo o seu antollo. Ata cubriu as lesións de dous homes claves como Basile e Mickeal , con Ingles home franquicia en Granada que esta a pagar as consecuencias da súa marcha e con Alen Anderson o que o Real Madrid non puido chegar o soldo que pedíu e tivo que conformarse con Tucker. Con Navarro como home franquicia, cos exquisitos Lorbek e Morris, no posto de catro. Fran Vazquez que se crece nestas situacións, MVP o ano pasado. Ndong e Perovic están a defraudar pero foron fichados para frenar a cincos fortes. Ricky de novo mal en tiro esta tempada pero quen di que non estoupara. E os rapaces para todo Sada e Grimau, ademáis de Lakovic, parece imposible que non se leven a Copa, pero o ano pasado contra pronostico Dusko foi capaz de gañarlle tres partidos seguidos.

 Aínda que realmente a única sorpresa sería que non gañase o Barsa. No basket a un partido podes perder con calquera pero parece que nadie FIBA lle pode meter man a este Barsa a tope de concentración. Eso si sentemonos a disfrutar do mellor baloncesto. Disfrutemolo en Teledeporte e na Tvg 2.



1 comentario:

  1. A última hora dinos que Mickael está recuperado, raro sería que Pascual lle dera entrada, pola falta de forma. De caerse alguén sería Morris, que tivo meses atrás un problema co mister e todo apunta a que sera o descarte habitual de Pascual.

    ResponderEliminar