lunes, 7 de febrero de 2011

Muxía - Independiente



RESULTADO : MUXÍA – INDEPENDIENTE : 1-1

MUXÍA C. F. :  Angel Luis, Josiño, Martinciño ( Peski minuto 27 ), Fran Pioto, Chori ( Álvaro minuto 83 ), Dani, Papi, Chans, Oscar Canario, Carliños e David.
Independiente : Upi, Efrem (Toni, min.46), Dani, Suso, David, Iván Lorenzo, Panuchi, Cholo, Rubén, Manuel e Ivi.

Goles : 0-1 minuto 17 Manuel; 1-1 minuto 58 Peski de forte disparo despois dunha excelente xogada tralo saque dun córner.

Tarde pracenteira para a disputa dun encontro de futbol entre dous equipos da zona media da táboa que estan na búsqueda da mellor clasificación posible.

Asi comenzaba o encontro cos locais tentando xogar o balón e os visitantes excelentemente colocados. Foi un partido con moito centrocampismo e poucas ocasión claras. Transcurria o minuto 17 cando os locais deixaron a un xogador visitante coller o balón en banda dereita, moverse por toda a frontal da área en busca dun pase que non atopou polo cal se decidiu a tirar ante a pasividade da defensa do Muxía, e anotar de bela factura o 0-1. Despois desto o adestrador local decidiu intercambiar as posicións de Fran Pioto que comenzara como central e pasalo a dianteira e David. A lesión de Martinciño deu entrada a Peski no interior e fixo que Chans pasara o lateral . O xuvenil Peski que se mostrou moi incisivo por banda dereita e posiblemente fora o mellor xogador local. No minuto 28 de novo o Independiente tiña unha boa ocasión para incrementar a súa conta. Finalizou así a primeira metade sin máis pena que gloria.


Comenzaba a segunda metade coa mesma tónica que a primeira, moito centrocampismo e pouca profundidade. Transcurría o minuto 57 cando unha xogada local era rematada en propia porta por un defensa do Independiente e o porteiro visitante enviaba con problemas a saque de esquina. No remate deste era Peski quen empataba o partido. A partires deste momento abriuse máis o partido, xa que as forzas nos dous equipos comenzaba a flaquear. O Muxía buscaba balóns longos hacía Fran Pioto e Peski. Nunha desas no minuto 75 Fran Pioto plantabase ante o porteiro e non era quen de batilo. Cando se achegaba o final no minuto 82 unha contra do Independiente era rematada en semierro polo dianteiro e facía intervir a Angel Luis. Estes últimos minutos foron intensos pero máis polo axutado do marcador e a falta de folgos que polo bo xogo.

1 comentario: