domingo, 13 de febrero de 2011

Crónica de Fisober - P. do Eo

LIGA AUTONÓMICA.
RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – PANIFICADORA DO EO:3-2 .
FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Ana e Alba; tamén xogaron : Andrea, Barca e Eva.
PAN. DO EO : Vanessa, Nuria, Eva, Marta e María; tamén xogaron : Sabela, Iria, M. Antonia, Sofía, Elvira e Carla.
GOLES : 0-1 Sabela, 1-1 Patri, 2-1 Patri, 2-2 Nuria, 3-2 Barca.
Nun mal partido de Fisober aparecio Patri ca súa bariña máxica e rescatou a victoria con dous golazos e unha excelsa xogada que deixou a Barca o terceiro gol a pracer. O equipo de Ribadeo amosouse como un equipo moito mellor do que nos presenta  a clasificación.
Comenzaba o partido Fisober moito mellor do habitual e os dous minutos Ana filtraba un perfecto pase a Patri que non atinaba co gol. Solo un pouco despois era Ana a que disfrutaba dunha boa ocasión. As visitantes acomodáronse mellor a pista dende este momento cas locais. Aínda así Barca tiña unha nova opción para adiantar a Fisober no minuto oito do encontro. Xusto no minuto dez un tiro lonxano de Sabela escapabaselle a Paula das mans e poñía o encontro costa arriba para as locais. Nesta xogada reproducironselle os problemas no brazo a porteira Paula aínda que aguantou ata o fin da primeira metade. Decidiu Fisober dar un paso adiante e tanto Patri como Elsa non foron quen de igualar o tanteador. Pero a cinco do fin desta primeira metade Patri encaraba a Vanessa dende o perfil esquerdo e igualaba o encontro. Aínda así as locais non se sentian cómodas e as visitantes María e Nuria a piques estiveron de adiantar as de Ribadeo. Barca gozaba dunha gran ocasión no último minuto pero errou e foronse o descanso coa igualdade no marcador.

A segunda metade comenzaba con cambio de porteira no Fisober xa que os problemas físicos de Paula levaron a xogadora de campo Andrea a portería. O Fisober non era quen de botarlle a man as visitantes e o partido camiñaba hacía o final sen apenas ocasións e as que había eran das de Ribadeo como unha que gozou Eva ante a porteira accidental Andrea. Pero no minuto dez todo cambiaba,Patri recibía un balón preto da banda esquerda regateabase a duas xogadoras e a porteira e marcaba o 2-1 a pracer despois da súa espectacular xogada. As visitantes non se redían e Iria non era quen de batir a porteira local. Respondía acto seguido Ana. Pasaban os minutos pero o partido seguía vivo. A cinco para o final Ana nunha falta lonxana mandaba un dereitazo o pau cando a porteira xa estaba superada. Desta vez era a visitante Marta quen respostaba e estaba a piques de empatar. Cando o partido agonizaba aínda quedaban cousas por pasar e a dous e medio do final un erro de Barca no corte deixaba unha contra que non desaproveitaba Nuria para empatar. Xa se daban dous puntos por perdidos pero voltou a aparecer Patri a un e medio para o final e regate tras regate deixou a Barca o gol a pracer para deixar os tres puntos na casa e resarcila tralo erro do minuto anterior. As visitantes xa se viñeron abaixo e chegouse o final sin máis sobresaltos.
O filial de Fisober aprazou o seu encontro deste fin de semana o cal se disputara en Antroido ou Semana Santa.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario