domingo, 20 de febrero de 2011

Meigas " B " - Fisober " B "

LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : MEIGAS “ B “ – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO “ B “ , 4-2.
MEIGAS “ B “ : Aroa, Noelia, Marina, Raiane e Andrea; tamén xogaron : Amanda, Raquel, Laura, Melisa, Fani e Ainoa.
FISOBER C. VIMIANZO “ B “ : Eva, Baio, María, Myrella e Noelia; tamén xogaron : Ylenia e Lara.
ARBITROS : Vicky Mosquera e Irene Lojo, boa actuación.
GOLES : 0-1 Noelia, 1-1 Noelia, 2-1 Amanda, 3-1 Raiane, 3-2 Lara, 4-2 Raquel.
Parece que a sorte que acompaña as maiores nos momentos clave dos encontros lle deu a espalda o filial e despois dun disputado encontro non foi quen de sacar nada positivo na súa visita a Bertamiráns na maña do domingo.
Comenzaba o encontro e as de Fisober deixabanse dominar polas locais e así Raiane e Noelia dispuñan de duas boas ocasións. Pero no minuto sete unha contra de Noelia deixaballe o balón a visitante María e o seu disparo era sacado por unha rival ca man cando entraba, indicando a colexiada o censeguinte penalti, que era transformado por Noelia no 0-1. Pouco lle durou a ledicia as de Fisober xa que solo un minuto despois Noelia igualaba de falta. Case o pouco do saque de centro a Noelia de Fisober dispuña dunha boa opción de volver a desfacer a igualada. Transcurria a primeira metade e as visitantes seguían cas súas perigosas contras pero Noelia seguía co punto de mira desviado e non era quen de adiantar o seu equipo. Os últimos dous minutos da primeira metade foron de ocasións para as locais por parte de Amanda e un tiro o pau de Raiane.
Co empate comenzaba a segunda metade e de novo cunha ocasión da visitante Noelia. Os sete minutos Meigas gozaba dunha ocasión para batir a Eva, o cal contestaba Ylenia despois de un roubo. Os nove minutos unha falta que en principio non sinalara a colexiada serviu para que Amanda desfixera a igualada. As visitantes tiveron uns minutos de desconcerto e eso aproveitouno Raiane para poñer o 3-1 no minuto quince, e case acto seguido tiveron a ocasión do para poñer tres goles de vantaxe, pero non aproveitaron e na contra Noelia de novo, nunha maña na que non foi quen de atopar o gol en xogo, via como Aroa lle paraba o man a man, pero no saque de esquina Lara marcaba o 3-2. Arriscaba máis Fisober e os ocos atopabaos Meigas que facía o 4-2 por medio de Raquel. A desesperada xogaba Fisober eses seis últimos minutos e gozaba de boas ocasións por medio de Myrella por dúas veces , Ylenia e Baio pero o gol non quería entrar e os puntos quedabanse en Bertamiráns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario