jueves, 2 de junio de 2011

Basket, estrada sen retorno.

Hoxe o Real Madrid xogase o ser ou non ser na Liga Acb, cun 1-2 en contra debe ganar hoxe en Bilbao se non quere quedarse sin final por enésima vez nos últimos anos, nunha final na que xa espera o Barsa que non permitío o do ano pasado e cargouse o Caja Laboral cun 3 a 0.



Despois do ridículo espantoso do pasado martes nada pinta ben para esta noite. Un equipo lamentable , que solo anotou 51 puntos, o record negativo da historia do clube en Acb. Parece que os xogadores non saben en que clube xogan. Con dúas asistencias, eso se non é record negativo pouco lle pode faltar. Con innumerables perdas de balón e dos porcentaxes de tiro xa nin falamos, 2 de 15 en triples, non sei pero a este xogo se non anotas non ganas.

Pero para min o máis lamentable é a falla de concentración , o pasotismo, a falta de ilusión destes xogadores, as súas caras dino todo. Ahora a xente empeza a explicarse  que Messina dimitira, ten que ser moi desesperante ter xogadores así. Non hai que esquencer que a domicilio caeron en Charleroi, Brose Basket, Alicante………….equipos que ían no fondo da taboa, polo seu pasotismo.

No outro lado están os xogadores do Bilbao Basket ante a oportunidade da súa vida e comen a cancha. Que saben o que xogan e como facerlle dano o Real Madrid. Con xogadores moito máis baixos , superan de largo en rebotes o Real Madrid, dezaseis no partido do martes. O que implica máis posibilidades de tiro. O rebote é un dos puntos fortes do equipo  branco e nun equipo con tan malos porcentaxes como é o Real Madrid durante todo o ano pois se perden o rebote, o abismo anda máis preto. Os de Bizkaia Bilbao Basket de negro parecían o Kinder dos seus mellores tempos ou os San Antonio Spurs contra un equipo de minibasket.


Nun equipo que estaba collido con pinzas, si se suma o pésimo estado de forma de Carlos Suárez e Mirotic pouco nos queda. Con Tucker aínda peor do normal ( se o extracomunitario do Real Madrid tira solo e o seu tiro non toca nin aro a onde vamos ), Prigioni pasota, D´or Fischer no seu mundo, con Vidal, Begic e Velickovic que non contan, o Chacho fixo un bo partido o martes co cal para esta tempada xa non lle tocan máis boas actuacións. Pouca esperanza nos queda.

De Molin pouco podemos falar porque se atopa cun equipo sin actitude como xa tiña o seu predecesor e mestre Messina, pero el anda totalmente superado, si o cambiamos por unha estatua de cera pouco cambiarían as cousas.

Pero todo esto resumese dun problema de confianza na sección dende a cúpula. Mentras o Barsa vai facer doblete nun ano en que se vai cargar a media plantilla. O Real Madrid terá que empezar outra vez casi de cero, por moito que nos vendan xuventude e demáis. Messina dimitío e nada pasou. Mou cunha simple ameaza e temblou o Bernabeu.

O señor Pérez debe plantexarse que invirte con interese na sección e sin medias tintas ou aínda que doia, debe facela desaparecer, porque para deambular e mellor non tela. Para facer sufrir os siareiros que se vaian todos para casa e xa buscaremos un equipo para apoiar. Cos cartos que se desperdicián no futbol no xogador 23 ou 24 da plantilla ou en despidos como o de Valdano, facíase un plantel para aspirar a todo en basket, pero nin con esas. Unha sección dirixida por un “amigo” que non ten nin idea de basket e un Alberto Herreros que fai os fichaxes vendo Youtube, mal vamos.


Por certo non sería descartable unha opción que apuntaban meses atrás nun artículo. Que a sección fora levada a parte do fútbol o estilo grego ( Panathinaikos, Olympiakos ) por socios capitalistas interesados no baloncesto, que solo levaro o nome do Real Madrid pero que se buscara a financiación e todo fora. Igual facían un equipo máis competitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario