jueves, 23 de junio de 2011

Under 21.

Na tarde de onte o combinado español de fútbol voltou a clasificarse para uns Xogos Olímpicos os de Londres 2012.


Un combinado sub 21 que a pesar de ser mellor co seu rival Bielorusia tivo que forzar a prórroga no minuto 89, e despois levarse a clasificación para a final e a  olímpica no tempo previo os penaltis.

Alí vanse ver as caras ca Suiza do chamado Messi de aquelas terras, ahora todos son messis, un xogador máis parecido o pretendido culé Alexis Sánchez que o arxentino, o zurdo Shaqiri, moi vixiado dende a Premier e o Calcio.

Un torneo sub 21 que está a defraudar , no que non se ve nadie para o futuro ou non o demostra. Quizais  moitas das grandes quedaron polo camiño.

Das que chegaban ademáis das dúas finalistas, parecía que a anfritiona Dinamarca podía facer máis pero non foron quen de pasar o  grupo, na que o xogador do Ajax o novo Laudrup din, Ericksen non amosou o que tanto falan del, tocará esperar para velo en grandes batallas.

Ou a Inglaterra do fichaxe millonario do Liverpool o medio Henderson, o novo Lampard, non vaia ser por parecidos. Pero nin el, nin Welbeck, nin Sturridge fixeron un bo torneo, máis ben todo o contrario. Eso si, os ingleses viñeron sin tres homes claves, un por liña, Micah Richards, Jack Wilshire e Andy Carroll, parece que non lles interesaba moito o torneo.

A estes unimoslle a falta de compromiso de Iarmolenko con Ucrania, e danos un Europeo que deixou ata a final bastante que desexar, pouco das e menos levas.

Vamos falar un pouco de España, un combinado que andou a tombos dende a fase de clasificación. Empezouna con J.R. López Caro que fixo un papel lamentable. A súa marcha deu un pouco de luz con Luís Milla pero non mellorou moito.

Xogadores coma Bojan, Capel, Canella ( que non foi nin a Dinamarca ), Azpilicueta, Parejo, Rubén Pérez, San Jose eran pouco menos que intocables, mira si cambiou a alineación  nuns meses. Pero o seu xogo nunca foi moi bo e sempre andivo a trancas e barrancas, e con goles en momentos decisivos que fixeron que fora pasando roldas. Que Holanda xa clasificada viñera cos suplentes o partido decisivo e aínda así se sufrio. Ou un gol no último minuto coa xogada da pizarra sub 19 entre Canales( outro que foi perdendo protagonismo) e Thiago. A lesión de Rakitic no cruce contra Croacia cando peor o estábamos pasando na volta da eliminatoria. Pero a sorte tamén conta. E así foi partido a partido, sen ningún tranquilo.

No Europeo, día a día mellorouse, pero amasase demasiado o balón e tense pouca pegada, que foi o que faltou sempre neste grupo, eso si  o fin  chegaron a meta pedida que era Londres. Para un servidor un xogador que se ve pouco pero que aporta moito o futuro do Bilbo o pequeno Ánder Herrera.
O resto a vista está, Adrián que parece que recuperou o gol pero falla as máis claras? , Mata intermitente, Ánder  todoterreo, Thiago maxia que a veces desespera( a pesar de ser un crack non o vexo no sistema de Pep a non ser que solte antes o balón ), Muniaín progresión e traballo, Javi Martínez tanque a inglesa, a defensa moi   seria. Pero de todos modos o que escribe parecelle que o equipo podía dar máis , quizais sou demasiado esixente, na fase final andan mellor pero teño a espiña da mala clasificación, algo que lle pasou a Aragonés na clasificación para o Europeo 08,¡ e vaia fase final fixeron!, que grande é o fútbol.

 Eso si Milla rotou pouco no campeonato,  6 xogadores nin debutaron, e ademáis dos 11 solo Parejo, Capel, Bojan e Jeffren que foi un día titular aportaron algo. Como non hai xogadores do Real Madrid non podemos falar deles, da Fabrica saíron Mata e Parejo pero para tentar triunfar noutros lugares, pasaralles o mesmo a Sarabia, Morata …………

Artículo do pasado  : ¿ Que vai pasar cas estrelas do Castilla ?

No hay comentarios:

Publicar un comentario