miércoles, 29 de junio de 2011

Annus horribilis !

Rematou a tempada para o fútbol galego e non se pode calificar de outra maneira que mala.


O descenso do Depor a Segunda división, colocanos sen ningún equipo na máxima categoría. Un Depor que descendeu o ano que peor se lle poñían as cousas xa que moitos xogadores acaban contrato e sabemos que a canteira non importaba moito pola Coruña.

 A esto sumamoslle que o Celta non foi quen de subir. Un Celta que baseado  na súa excelente canteira e con xogadores veteranos para acompañalos desplegou un gran fútbol e resultados durante dous tercios da tempada, pero o fin da mesma  desinflouse. Chegou os play offs polo colleitado anteriormente. Nos play offs un penalti errado por Michu, impediulle pasar a final polo ascenso. O bo das penurias económicas foi que tivo que tirar da súa moi ben traballada canteira o cal deu os seus froitos esperemos que axude a lograr o ascenso, o problema é que andan todos codiciados por equipos de Primeira, serán quen de mantelos.

Na Segunda B , o Lugo foi campeón pero nin na rolda directa contra o Murcía nin despois de eliminar o Alavés , na outra final contra o Alcoiano foi quen de lograr o ansiado ascenso, eso si a tempada foi moi boa, para un equipo que nin de lonxe era dos de máis presuposto e apesares deso desplegou un gran fútbol da man de Quique Setien.

O Celta B que andivo en postos altos boa parte da tempada, acabou desinflándose o final o igual que o primeiro equipo o cal surtiu cando fixo falla, boa tempada para os olívicos. Mentras o Coruxo e Montañeiros fixeron os deberes e salvaron a categoría con sufrimento ata a última xornada.

O Pontevedra con graves problemas económicos, pero tamén  con grandes aspiracións descendeu cando nadie o esperaba. Un dato é que tivo o mesmo xestor que un ano antes vira descender o Obradoiro, un personaxe de orixe armenio , que no seu día deambulaba na facultade de Empresariais da USC e que da noite a maña apareceu cun currículo, excelso e impresionante.

O Deportivo B tamén caeu o pozo da terceira, o que amosa o estado da canteira branquiazul, onde solo as semifinais de Copa do Rei do xuvenil, aledaron a cara.

Unha Terceira na que ningún foi quen de lograr o ascenso , nin o Cerceda que foi quen de levarlle a Liga os todopoderosos Rácing de Ferrol e Ourense, nin estes mesmos, nin o sorprendente Rácing Vilalbés que xa cumprira con creces.  Ourense e Vilalbés caeron as primeiras de cambio. Mentras cercedences non foron quen nin na directa , nin na repesca, corre o rumor que os xogadores non lles interesa o ascenso polo ben que viven na situación actual do clube e eso levou a dimisión a Nacho no seu día. Os departamentais a sorte olvidounos e o Izarra elimnounos no único achegamento a porta, despois dunha tempada difícil en Ferrol.

O que nos leva a ter a Terceira se non a máis potente da Historia , preto andara,  con Pontevedra, Ferrol, Depor B e Ourense loitando polo título e as prazas do play off e o Cerceda, que este ano o vai ter máis difícil e o habitual equipo sorpresa tentando dalo todo. Dispararanse os soldos na Terceira galega? Moitos xa andan a pescar en Cerceda e tentando a xente de Ferrol.

Bueno  o éxito do fútbol galego , deuno a parte feminina co histórico ascenso do Olivo vigués a Superliga, non todo ía ser malo.

Outros artículos :

Under 21.

No hay comentarios:

Publicar un comentario