lunes, 30 de marzo de 2015

Fisober - Leis. 3-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – LEIS PONTEVEDRA: 3-3.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Mai, Raquel e Tamara.


LEIS : Tami, Jessy, Ali, Mar e Marta ; tamén xogaron : Tamara, Bibi, Anita e Patri.

ÁRBITROS : José Ángel Vilas e Esteban Otero , CRONO : Emilio Losada.

GOLES : 0-1 Ali, ( descanso ), 1-1 Noelia, 1-2 Anita, 2-2 Ana, 2-3 Ali, 3-3 Inés.

Partido disputado na tarde do sábado cunha gran presenza de público na grada e cun bo número de siareiros pontevedreses para presenciar o derbi pola salvación.

Un gol de Inés a piques de chegar o último minuto, deulle un punto o Fisober que lle permite seguir soñando ca permanencia na Segunda División Nacional, nun partido igualado,  vibrante, cheo de emoción e incidencias e lesións para o Fisober,  que o igual que na primeira volta superou as dúas horas.

Os dous equipos conscientes da importancia do partido, mostráronse nerviosos e imprecisos de saída. Xa no primeiro minuto o primeiro susto para o Fisober, xa que nun choque fortuito   a porteira local Leti tiña que abandonar a pista lesionada camiño dos vestiarios. O seu lugar ocupouno a xogadora de campo Raquel que cumpriu con creces nos minutos que lle tocou defender a portería costeira. Cinco minutos despois volvía Leti, xa recuperada do forte golpe no xeonllo.

Tamén lle tocaban os sustos as lerezanas cando a porteira visitante Tami lle sacaba unha clara ocasión a Inés ca faciana e tiña que ser atendida tamén.

Pero non quedaban aí os sustos para o Fisober, xa que o pouco de volver a renqueante  Leti, nun xiro inoportuno do xeonllo  a local Myrella non puido continuar.

Tres  grandes paróns que non lle permitiron coller ritmo o partido neste arranque. O partido era un pouco tolo e os equipos non aproveitaban as súas ocasións, ata que a cinco minutos do tempo de lecer  Ali adiantaba as visitantes. Respostaron as locais cunha clarísima ocasión de Noelia que non foi quen de empurrar un balón que se paseou pola liña.

Co cero a un chegouse o tempo de lecer.

No arranque da segunda metade o Fisober  saíu concentrado na busca dun empate que logrou  os catro minutos por mediación de Noelia. Pouco lles durou a ledicia xa que Anita os oito minutos da reanudación volvía poñer por diante as pontevedresas.

Con este gol o partido voltouse tolo, as costeiras necesitaban arriscar na busca de polo menos a igualada, algo que aproveitaban as visitantes para saír en perigosas contras. O gol podía caer dun ou doutro lado.

E foi un lanzamento de falta de Ana ,cando restaban xusto catro minutos, que despois de petar na madeira puxo a igualada a dous no electrónico.

Pero aínda lle restaba moito por vivir o partido. Xa que a dous e medio para o fin un novo gol de Ali, dáballe vantaxe as visitantes de novo.

As locais pediron tempo morto e decidiron arriscar co ataque de cinco, subindo a Leti. Algo que deu o seu froito cando a pouco máis de un minuto para o fin, Ana sacou unha falta rápido para Inés que puxo o definitivo tres a tres ante o delirio da parroquía local , que vía como o seu equipo rescataba polo menos un punto cando estaba contra as cordas.

Un puntiño que lle permite seguir soñando o Fisober ca permanencia, antes de afrontar o difícil calendario que lles queda neste final de tempada.


Dicir tamén que tanto Leti, como Myrella pasaron polo Hospital na noite do sábado e en principio as súas lesións quedaron, nun par de semanas de reposo que é o que precisamente para a competición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario